Celia Castro presentou en Ribadeo a súa obra sobre Dionisio Fierros

La Voz RIBADEO / LA VOZ

A MariÑA

18 jun 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Teatro de Ribadeo acolleu a presentación do libro «Pintura e fotografía no século XIX. Unha aproximación á arte de Dionisio Fierros», da ribadense Celia Castro. Xunto a ela estiveron, entre outros, o presidente da Sociedade Filantrópico Dramática, Ernesto Cruzado, e Antonio Deaño, que é catedrático de Lingua e Literatura Española e bisnieto do pintor Dionisio Fierros.