O Burela regresa ao grande

J. M. T. LUGO / LA VOZ

A MariÑA

oscar cela

O seu triunfo ante o Brollón no Anxo Carro (3-1) coróao campión de Copa e mellor equipo lucense de 2.ª e 3.ª Galicia

18 jun 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A Sociedade Deportiva Burela pechou onte a súa curta travesía pola penúltima categoría do fútbol galego gañándose a matrícula de honra nunha tempada que no futuro se lembrará como a do dobrete. O equipo de Abel Eijo -observado desde a bancada por quen o sucederá no cargo, Jaime Méndez- gañou ao Brollón 3-1 no Anxo Carro para llevantar cópaa Deputación 20 anos despois e redondear unha campaña na que xa conseguira o título de liga en Segunda Galicia e o ascenso.

As grandes dimensións do estadio do CD Lugo beneficiaron aos mariñáns, dominadores da final. Deonildo xa estrelara un balón na cruceta antes de que Ramos marcase diferenzas en dúas xogadas de estratexia botadas por Ánxel. O 1-1 de Rodri, nunha preciosa vaselina só foi unha miraxe para un Brollón que, cando quixo reaccionar, atopouse con dúas fantásticas paradas de Simón.

Jairo, xa no desconto, sentenciou cunha boa manobra a nova festa do equipo burelense, que volve ao grande a Primeira Galicia.

?Simón; Claudemir (Borja, min 90), Ramos, Marcos. Ánxel, Cristian, Joãou (Juan Pablo, min 82), Javi Celes (Jairo, min 54), Adam, Runi (Carri, min 59) e Deonildo (Moreda, min 54).

?

David; Castro (Anxeliño, min 84), Damián, Óscar Moure (Casa, min 48), Miguel, Davicín, Pires, Rodri, Bertín (Ángel Rodríguez, min 78), Maikel e Rivera.

Goles: 1-0, min 32: Ramos. 1-1, min 41: Rodri. 2-1, min 72: Ramos. 3-1, min 95: Jairo.

Árbitro: Adrián Fernández Teijido. Amarela aos mariñáns Abel Eijo, Ramos, Celes e Jairo, e a Pires e Castro do Brollón.

Incidencias: Uns 500 afeccionados no Anxo Carro.