Vivemar divulgará a cultura marítima e fluvial con «petiscos» e actos lúdicos

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MariÑA

Pepa Losada

Un variado programa prolongará o verán para veciños e visitantes

16 jun 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Pratodo, do viveirense Lucas Requeixo, e Lobisome Produccións, que dirixe Antón Mascato, organizan a iniciativa sociocultural Vivemar, que chegará a Viveiro promovida polo Concello e da Deputación de Lugo. Inclúe un amplo abano de actividades lúdicas e gastronómicas coas que se propoñen divulgar a cultura marítima e fluvial viveirense ao longo de setembro.

Deseñada co obxectivo de prolongar o verán viveirense con actividades para veciños e visitantes, Vivemar ofrecerá «petiscos» coa cooperación de Centro Comercial Histórico de Viveiro, Beiras de Viveiro e hostaleiros de Celeiro. Tamén incluirá exposicións de artes de pesca, de maquetas de embarcacións, de fotografías mariñeiras, debates sobre a contaminación mariña, cantos de taberna, unha xornada para achegar ás familias ao mar... Un amplo e variado programa de actos lúdicos e culturais que onte presentaron a alcaldesa María Loureiro, o concelleiro de Mar Jesús Fernández Fernández e Lucas Requeixo.