Xove celebrará mañá a romaría de San Antonio e en Alfoz recuperan a Feira do 13

La Voz ALFOZ / LA VOZ

A MariÑA

XAIME RAMALLAL

A asociación veciñal San Sebastián de Carballo programou un amplo programa de actos

12 jun 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Xove celebrará mañá, 13 de xuño, a romaría tradicional de San Antonio da Rigueira que congrega a numerosos fieis cada ano.

Mentres que a asociación veciñal San Sebastián de Carballido (Alfoz) recuperará o sábado 16 a antiga Feira do Trece. O último ano que se celebrou foi en 1987 cun intento de recuperala no 2007. Desde a asociación adiantan que haberá feira de gando, con premios para o gandeiro con maior número de reses, para a mellor vaca e para os mellores cabalos de tiro e montura. O programa completarase cunha exposición de maquinaria agrícola, a inauguración do local social onde haberá unha mostra de fotos antigas da feira, haberá música e baile co Arco dá Vella, dj's, carpa e mesas para degustar un menú especial e desfile de zocas de A. Geada.