Outra longa «Tarde Laranxa» este sábado no pavillón de Vista Alegre

La Voz

A MariÑA

PEPA LOSADA

Tras o Burela-Betis, de Segunda, disputarase o Burela-Poio, da máxima catergoría feminina

19 abr 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

«Vén á Tarde Laranxa». É o título da campaña promocional lanzada polo Peixes Rubén-Burela co gallo de os compromisos que disputarán este sábado no Vista Alegre os seus principais equipos. Ás seis da tarde, o conxunto masculino recibirá ao Betis no duelo da penúltima xornada de Segunda División, e para as 20.30 horas está previsto o inicio do Burela-Poio, da máxima categoría feminina.