Os focenses gozarán dentro dun mes da romaría do Bispo Santo

La Voz FOZ / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

A festa celebrarase desde os días 18, 29 e 20 do mes de maio

18 abr 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A Asociación Cívico-Cultural Bispo Santo xa ten o cartel pechado para a romaría. En colaboración co Concello de Foz, a festa celebrarase os próximos días 18, 19 e 20 de maio, xunto á ermida de San Gonzalo.

O venres 18 terá lugar a verbena coas orquestras Nova Banda e Xerusalén. O sábado 19 haberá misa ás 13.30 horas seguida de sesión vermú co grupo Taxi, que repetirá tamén na verbena compartindo escenario coa orquestra New York. O domingo 20, último día, haberá misa ás 13.30 horas, seguida de sesión vermú.

Pulpería, durante os 3 días

Durante os tres días haberá polbo, xamón cocido e churrasco servido pola pulpería A Rochela de Vilalba.