O técnico do Ribadeo agarda un duelo «moi complicado» ante o Estudantil

La Voz RIBADEO / LA VOZ

A MariÑA

MIGUEL

O partido xógase esta tarde ás 16.30 horas no Pepe Barreira

17 feb 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Dous equipos en refacho abren esta tarde no Pepe Barreira (16.30 horas) a 25.ª xornada no grupo norte de Preferente: o Ribadeo, que rubiu ata o podio da táboa con cinco vitorias e un empate no que vai de 2018, e o Estudantil, invicto desde o 3 de decembro e afincado na zona de confort tras un inicio ligueiro máis que vacilante.

«Será un partido moi complicado, na liña dous últimos. Nun campo moi enlamado, con moitas disputas, de segundas xogadas...», advirte Fiz Rodríguez, o técnico da escuadra mariñá, na que Marcos Pena e Dani Prieto causarán baixa, e Juanma, Criss, Pablo Rivas, Jacob e Cube son dúbidas por molestias.