A lesión de Javi e a sanción a Pulido propician o debut de Adrián co Xove

La Voz XOVE / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

O cadro mariñán visita a un Leis Pontevedra en apertos

17 feb 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O campionato de Segunda División B renóvase hoxe coa disputa da decimoséptima xornada, que leva ao Onde Sempre-Xove (17.00 horas) á cancha dun Leis Pontevedra que anda a procúraa da permanencia. O cadro pontevedrés volveu a abrir o caixón das vitorias no seu partido anterior -venceu por 2-3 ao Santiago-, despois de once encontros de seca, e é antepenúltimo na clasificación con só 13 puntos.

O equipo mariñán, pola súa banda, non só vive moito máis desafogado senón que mesmo se atreve a mirar ilusionado aos postos nobres da clasificación. Só tres puntos sepáranlle do podio. Por mor da sanción de dous partidos a Pulido e da lesión de Javi Fajardo, na meta do Xove debutará esta tarde o viveirense Adrián «Gati», que adestra co equipo desde que arrincou a tempada. Antón e Bruno de Nois tampouco viaxarán por lesión e Manu Jiménez deberá cumprir o partido de castigo que lle foi imposto.