Falece en alto mar un veciño do Vicedo, patrón de costa do Socyo, espadero de Celeiro

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

O pesqueiro prevé atracar mañá nun porto de Perú

17 feb 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Julio López García, duns 48 anos de idade e veciño do Folgueiro (O Vicedo), faleceu a bordo do Socyo, espadero de Celeiro no que traballaba como patrón de costa. O pesqueiro navega rumbo ao porto de Perú onde habitualmente descarga as súas capturas e se avitualla. Prevé atracar mañá, cando comezará o proceso para repatriar o corpo do mariñeiro.

Todo apunta a que morreu por mor dun infarto, a pesar dos esforzos dos seus compañeiros por reanimarlle, explican as distintas fontes consultadas. Aínda que non transcendeu ata onte, o patrón de costa do Socyo tería falecido a principios de semana. A empresa armadora declinou pronunciarse.

De 40,8 metros de eslora, o Socyo faena no Pacífico, con dezaseis tripulantes a bordo.