A Consellería do Mar reclámalle unha subvención a un pesqueiro de Burela

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

Concedeulla no 2011 e agora esixe que lle reintegre o diñeiro

17 feb 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Para «contribuír á modernización da flota pesqueira galega mediante o financiamento de investimentos a bordo», a Consellería do Mar concedeulle unha subvención de 16.264 euros ao pesqueiro con base en Burela Sempre San Prudencio. Agora reclámalle o reintegro desa axuda pública, aínda que os propietarios do barco ten opción de presentar un recurso de reposición ante a conselleira ou de acudir ao xulgado do contencioso-administrativo. Non transcendeu por que lle esixe a devolución do diñeiro.