Galicia crúzase co rival esperado no seu debut no Nacional sub-17

Xoga hoxe en Burela ás 17 horas contra a selección de Aragón, goleada onte (1-7) por Murcia

.

O esperado. Non saltou a sorpresa no partido inaugural do grupo D, así que Galicia llas verá con Aragón na súa posta de longo no campionato de España sub-17 de fútbol sala feminino que se disputa na Mariña. O partido dispútase esta tarde, desde as 17.00 horas, no pavillón municipal de Vista Alegre.

A selección aragonesa foi vítima da forza irresistible dun combinado murciano que vén á costa lucense decidido a revalidar o título conquistado hai un ano en Barcelona e que acabou impóndose por 1-7. María Dolores Martínez asinou un hat-trick e Paula Ruiz (2) María de los Ángeles Villa e Antonia Martínez completaron a goleada do equipo levantino. María Barcelona anotaría o tanto da honra de Aragón co partido a piques de finalizar.

A selección galega despregarase hoxe sobre o parqué do Vista Alegre coa mariñá Sofía Vázquez, do Peixes Rubén-Burela, como unha das mellores bazas ofensivas, e obrigadas a gañar para non depender dunha xesta no partido definitivo ante Murcia, que se disputará mañá á mesma hora e no mesmo escenario.

A goleada murciana non foi a única dunha xornada inaugural que deparou 40 goles e na que a emoción e o equilibrio no luminoso brillaron pola súa ausencia.

Grupo A

Estremadura 2

Castela-A Mancha 5

As manchegas xa vencían por 0-3 no minuto 8 de partido e demostraron ser unhas serias candidatas a estar en semifinais.

Navarra 7

Ceuta 2

A selección navarra venceu con claridade a Ceuta nun encontro que acabou en goleada, e non foi maior pola extraordinaria actuación de Samra Said, porteira ceutí na segunda metade.

Grupo B

Cataluña 0

Andalucía 8

O duelo entre catalás e andaluzas, disputado en Viveiro, estaba practicamente visto para sentenza no descanso. A sureñas saltaron á cancha cun nivel de intensidade moi superior ao das súas adversarias, enseguida colocáronse con 0-2 e no intermedio vencían por 0-4.

Grupo C

Madrid 8

Canarias 0

As madrileñas tamén se deron présa por deixar ben atada a vitoria no seu debut no campionato, que tivo lugar en Viveiro. Xa gañaban por 6-0 ao termo dos 20 primeiros.

Votación
0 votos

Galicia crúzase co rival esperado no seu debut no Nacional sub-17