Pablo Rego, do Xove, «só» sofre unha escordadura no xeonllo danado no derbi

La Voz XOVE / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

Nun primeiro momento, compañeiros e rivais imaxinaban unha lesión máis grave

16 ene 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Finalmente, a lesión de Pablo Rego no derbi entre o Valadouro e o Xove non foi tan grave como sospeitaban compañeiros e rivais. A exploración á que foi sometido o domingo pola noite no Policlínico Lucense (Polusa) determinou que no xeonllo maltreito sofre unha escordadura de xeonllo e non ten afectado ningún ligamento. O tempo de recuperación é unha incógnita.