Chamamento de o Peixes Rubéb á afección: «Vés connosco a Ourense?»

La Voz BURELA / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

O club anima a sumarse á viaxe que prepara para arroupar ao equipo feminino no derbi que pechará o 2017

13 dic 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Todos os afeccionados mariñáns que queiran pechar o 2017 vivindo a emoción dun derbi galego feminino de Primeira División poderán facelo a través da viaxe organizada polo Peixes Rubén-Burela FS á cancha do Ourense Envialia, onde o equipo gobernado por Julio Delgado e Lucas porá en xogo tres puntos de suma importancia na carreira polo título. O encontro xogarase o venres 22 de decembro a partir das nove da noite.

O club porá a disposición dos todos os interesados o desprazamento en autobús e entradas por 14 euros, e advirte que o viaxe só se realizará se se cobren un mínimo de 30 prazas. Apuntan na nova sede do club, en Arcadio Pardinas 97.