Bradley Cooper e Lady Gaga xa viven xuntos no piso do actor

Martín Bastos

Ao SOL

A parella avanza na súa relación rodeada de rumores sobre un posible embarazo da cantante

19 jul 2019 . Actualizado ás 16:07 h.

«Pobre Irina, que certo é aquel refrán de que os ricos tamén choran», coméntame a miña amiga Laura, un pouco impactada por como rematou a relación entre Bradley Cooper e a modelo rusa. Confésolles que eu estou moito máis curado de espanto e estes temas sorpréndenme moito. O caso é que o actor deixou á nai da súa filla pola cantante Lady Gaga, coa que protagonizou un momento na gala dos Óscar que xa levantou moitas sospeitas (ademais da cara de enfado da modelo, que viu desde o patio de butacas a escena).

A novidade agora é que a nova parella, Bradley e Lady Gaga, xa viven xuntos en Nova York no apartamento do actor. E aínda está por confirmar se realmente a cantante está embarazada ou non, como se rumorea desde hai semanas. En fin, todo un culebrón ao puro estilo Hollywood.

O actor e director Bradley Cooper e a modelo Irina Shayk romperon a súa relación en xuño tras catro anos xuntos, segundo anunciou no seu día a revista People. Cooper e Shayk, que teñen unha filla en común nada en 2017, decidiron separarse de xeito amigable, segundo dixeron no seu momento as fontes citadas por esta publicación.

Shayk, rusa de 33 anos, e Cooper, estadounidense de 44, comezaron a saír en 2015 despois de que ambos rompesen cos seus anteriores parellas: ela, co futbolista portugués Cristiano Ronaldo; e el, coa actriz británica Suki Waterhouse. Cooper estivera casado previamente coa actriz e bailarina Jennifer Esposito e ademais mantivo unha relación sentimental coa tamén actriz Renée Zellweger.

A ruptura da parella formada por Cooper e Shayk lleiga despois de meses de rumores e especulacións na prensa rosa dos Estados Unidos sobre se a súa relación ía por bo camiño ou se pasaba por unha crise.

Coñecido polos seus papeis en cintas como Silver Linings Playbook (2012), American Sniper (2014) ou a triloxía de The Hangover , Cooper triunfou co seu debut como director na Star is Born (2018), un novo remake deste clásico do drama musical que nesta ocasión coprotagonizó xunto a Lady Gaga.

Esta película foi unha das sensacións da gran pantalla o ano pasado e levou un Óscar á mellor canción orixinal por Shallow . Cooper estivo nomeado en sete ocasiones aos premios da Academia de Hollywood, pero en ningunha ocasión logrou levar a casa a figura. Pola súa banda, Shayk é unha modelo de fama mundial que desfilou, entre outras, para firmas como Versace, Diane von Furstenberg, Desigual ou Victoria 's Secret.