Murais botánicos, arte urbana vivente

xoel lópez penido

Ao SOL

A soberina Doa Oa dá unha nova vida ás edificacións

30 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Reforestando é o proxecto inaugurado pola soberina Doa Oa. Con 32 anos, a artista e ilustradora luguesa consegue dar nova vida a espazos e construcións esquecidos. Esta aventura de arte urbana, que celebra máis de catro anos, levouna a percorrer boa parte da xeografía española coas súas intervencións. Emprega referencias vexetais, polo que os tons verdes predominan en todas elas. O obxectivo é dar protagonismo á flora de cada zona a través da súa expresión artística.

A ilustradora tamén realiza outro tipo de traballos, a menor escala e sobre diferentes materiais, aínda que agora prefire centrarse no seu último proxecto, o máis lonxevo de todos eles. «Fixen colaboracións con entidades públicas e privadas. Pero os particulares tamén poden contactar comigo», aclara Doa. O único que necesita é liberdade para crear. Un dos maiores atractivos da súa proposta é a posibilidade de contemplar a faena en directo. A súa próxima parada será o Festival Tribo en Burgos . Alí estará a outorgar un novo aspecto á praza das Bernardas, desde o 10 ao 20 de setembro. No evento, que conta coas actuacións de Christina Rosenvinge, Marem Ladson ou Delaporte, entre outros, tamén é protagonista a gastronomía