Victoria Beckham enchufa ao seu fillo Brooklyn como fotógrafo

Martín Bastos

Ao SOL

A ex Spice Girl contratou ao seu fillo Brooklyn para que fotografe a súa colaboración con Reebok

22 jul 2018 . Actualizado ás 11:36 h.

Tras a separación das Spice Girls, que aínda chora a bágoa viva Laurita, Victoria Beckham dedicouse de pleno á moda. Como cantante en solitario nunca nos chegou a convencer do todo. Pero, iso cambia cando falamos do mundo da moda. «Oxalá puidese ter algo da súa colección», suspira Laurita sempre que sae algunha noticia sobre ela. Aproveitando a última colaboración que está a realizar con Reebok, Victoria decidiu contratar ao seu fillo Brooklyn para que sexa o fotógrafo que ilustre a súa achega. Iso si que é ter contactos.

Liam e MilEy, sempre xuntos

Amor custe o que custe. Dicíase que a parella de famosos decidira rematar coa súa relación ao coñecer Liam que Miley non quería ter fillos axiña que. Ao parecer, todo iso foi unha broma que os dous decidiron desmentir a través dun vídeo na conta de Instagram de Liam.

O novo actor aparece conducindo un coche mentres Miley realiza un xesto de negación. «Como ía deixar escapar un partidazo como ese?», díxome Laurita ao coñecer a noticia. Ao parecer, a Liam non lle importa que Miley aínda non se queira casar nin ter fillos, por que a quere de verdade. ¡Xa saben o que se di, coidado co que se le por Internet!

Costanzia será Estríper

De camareiro a actor. O fillo de Mar Flores, Carlos Costanzia, acaba de fichar pola nova ficción de Antena 3, Toy Boy. Nesta serie, aínda que non será o protagonista principal, poderá lucirse igualmente. A pesar da súa idade, o mozo Costanzia xa esperta paixóns. E, se non, que llo pregunten a Laurita.

A timidez de kim

O posado de moda. Ao parecer, a abella reina das Kardashian decidiu publicar unha foto dela en bikini ao máis estilo Ana Obregón, acompañada do titulo: «Son moi tímida». Laurita non puido evitar pronunciarse. «Esa ten tanto de tímida como eu de monxa», díxome entre risos. Din que a Kardashian puxo ese titulillo co obxectivo de provocar aos seus seguidores. A maior parte deles tomáronllo con humor, pero algúns tiveron case as mesmas palabras que a miña amiga ao ver a publicación.

Bélxica quéreas

Novas xeracións. Felipe e Matilde de Bélxica tiveron que cederlle o protagonismo aos seus fillos. Os seus vástagos foron quen acapararon os flashes dos fotógrafos durante a celebración do Día Nacional. A Familia Real deuse todo un baño de multitudes. «Apuntan xeitos», asegura Laurita.