O paraíso «indie» está na Illa

Daniela de Amorín / M.A.

Ao SOL

ÓSCAR VíFER

Iván Ferreiro foi o gran protagonista do día grande do Atlantic Fest

22 jul 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Atlantic Fest celebrou o seu día máis grande cunha intensa xornada musical cargada de convivencia e sensibilización. Un ano máis, a súa proposta multicultural e para todas as idades volve demostrar que as familias tamén teñen cabida nos festivais. Cun recinto máis amplo que en anteriores edicións, unha boa distribución do espazo e uns horarios máis diúrnos que nocturnos, todos os asistentes puideron gozar dunha cita ineludible na Illa de Arousa, un lugar idílico para este tipo de grandes eventos.

ÓSCAR VíFER

Desde as doce e media da mañá, a música non deixou de soar na praia do Bao. O pistoletazo de saída deuno o grupo electrónico Presumido, ao que seguiu Iván Ferreiro, amo e señor do territorio indie. Xa pola tarde, ao redor das catro, fóronse sucedendo no escenario principal artistas de distintos xéneros. Desde o folclórico Rodrigo Amarante ata o grupo indie británico Kaiser Chief, pasando polo trapero Yung Beef e o clásico grupo dos noventa, A Casa Azul.

ÓSCAR VíFER

Por outra banda, no recinto habilitáronse casetas de concienciación sobre diversos temas como a igualdade de xénero e os abusos sexuais, o coidado ambiental e a normalización lingüística do galego en todos os ámbitos. En definitiva, o Atlantic Fest volveu demostrar que é algo máis que un festival de música .

ÓSCAR VíFER