Isabel II, ausente na foto do bautizo do seu bisnieto Louis

Martín Bastos

Ao SOL

MATT HOLYOAK / CAMERA PRESS / HA

A ausencia da raíña ao bautizo do pequeno da familia eclipsó todos os titulares a semana pasada

17 jul 2018 . Actualizado ás 16:37 h.

Parece que o tempo inestable segue en Galicia. A praia terá que agardar. Bo, en Buckingham tampouco están as augas moi acougadas. Aos duelos de estilo de Kate e Meghan presenciados en Wimbledon ou a calvicie do príncipe Guillermo, súmase agora outra polémica. A semana pasada saltaba a noticia. A ausencia de Isabel II ao bautizo do seu bisnieto, eclipsaba todos os titulares. Pois seguimos para bingo. Onte facíanse públicas as fotos oficiais da cerimonia. Kate, impoñente nunha vestida cor champaña de Alexander McQueen. O Príncipe Guillermo, correcto e con traxe azul. Os pequenos, Charlotte e George, risueños e sendo co-protagonistas co seu irmán Louis. Meghan e o príncipe Harry, en segundo plano. Réinaa nai, Isabel II, non está presente. En ningunha das fotos. Eu non me aventuro a adiviñar o motivo. Laura tampouco, e xa sabedes que ten poucos pelos na lingua.

Ceorgina e Cristiano

Á conquista de Italia. A parella de moda chegou onte a Turín. Nun avión privado, como era de agardar e con multitude de fans agardándoos. Cambian de paisaxe pero parece que a súa vida será parecida. Bo, agora Milán queda máis preto, iso é certo. Seguro que os veremos facendo escapadas ás grandes boutiques de moda. Recordo cando Laura e eu estivemos a pasear polas Galerías Vittorio Emanuele II. Tan grandes. Tan repletas de xente. A dolce vita. Retomemos o fío. Que se lles ve moi integrados quería dicir. A bela Giorgina, (si, xa ten novo alcume) e Cristiano Ronaldo, prometen darnos moitos bos momentos. Por agora a el ver na presentación coa Juventus. A ela exercendo de nai cos seus catro retoños.

Posado de verán

Mónica Naranjo, raíña das redes sociais. Mónica segue dándonos salseo. Sexa polos seus comentarios en OT. Sexa pola súa ruptura sentimental con Óscar Tarruella. Seguirá sendo o seu xestor. Agora sorpréndenos cun espido en Instagram . Ela é unha sobrevivente, está claro. A pregunta é, sobreviviremos nós a este posado?

Ariana grande tatúase

Amor selado con tinta. Que o amor non pasa de moda, iso está claro. Que case todo o mundo ten unha tatuaxe, tamén. Pois a intérprete de God is a woman, a estadounidense Ariana Grande, decidiu tatuase por amor, unha vez máis. «Debe crer que non é suficiente un anel de compromiso» di Laura. A min paréceme moi romántico. Agora pode dicir que leva o nome da súa parella, Pete Davidson, no dedo anular.