Este sábado redescubre o occidente de Ourense con La Voz

La Voz

Ao SOL

La Voz

La Voz entrega a guía máis completa con información sobre os mellores hoteis, restaurantes e rutas da metade oeste da provincia

25 ago 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Agosto apura os seus últimos días e moitos xa están cansos de praia e chiringuito. Por iso, aproveitando que a calor empeza a remitir e que as noites aínda son longas, é unha ocasión perfecta para facer unha escapada a Ourense. Para iso, La Voz entrega este sábado de xeito gratuíto a guía de Ourense (metade occidental), a penúltima da colección de desplegables de Galicia que ofrece o xornal este verán.

Nesta completa guía o lector poderá descubrir que Ourense é moito máis que a súa catedral ou as súas termas. Os restaurantes nos que mellor se come , os hoteis onde pasar noites de ilusión ou as rutas de sendeirismo básicas para gozar da natureza. Por se isto fose pouco, o desplegable inclúe un plano que mostra cada un dos puntos recomendados da guía, polo que perderse é practicamente imposible.

Ademais, a guía inclúe plans para todos os gustos. Baixo as epígrafes «o máis elegante», «con moito encanto» e «o máis popular», cada un poderá atopar o tipo de actividades que máis lle atraian e así levar do sueste de Galicia o mellor sabor de boca para casa.