Patrocinado por Patrocinadopor

Os candidatos do PP para o 28A apostan por unha agricultura innovadora

La Voz OURENSE / LA VOZ

AGRICULTURA

cedida

Os populares visitaron o  Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro da Limia

08 abr 2019 . Actualizado ás 20:39 h.

Candidatos do PP ao Congreso e o Senado realizaron unha visita ao Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro da Limia. Entre outros participaron no encontro Miguel Ángel Viso, Ana Belén Vázquez e Celso Delgado -tamén o candidato do partido á alcaldía de Xinzo-, que coñeceron o traballo do centro da man dos técnicos do mesmo e do xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez.

Os candidatos do 28A coincidiron en sinalar o valor estratéxico da agricultura para a provincia de Ourense e en que «ou sector agroalimentario, como ámbito estratéxico para a nosa provincia, ten que procurar unha agicultura do século XXI, potenciando a innovación, a dixitalización e as novas tecnoloxías». Todos estes retos, unidos á formación, serán a base para a transición «á chamada Agricultura 4.0».