Patrocinado por Patrocinadopor

As batidas non son a solución para evitar os ataques dos lobos

La Voz LUGO / LA VOZ

AGRICULTURA

ALBERTO LÓPEZ

27 ago 2018 . Actualizado ás 12:19 h.

Este matrimonio tamén é o exemplo de que as batidas non son a solución definitiva para controlar os ataques dos lobos ao gando, sen esquecer que moitas veces son os propios gandeiros os que se dedicaron a ocupar lugares historicamente ocupados polos animais salvaxes. Quitarlles o que é seu e, ademais, matalos. Pero Joan Alibés e Ermidas Rodríguez decidiron optar por outras solucións menos salvaxes e máis sas, coa axuda de cinco traballadores máis nas leiras do seu gando: mastines educados para protexer ao rabaño ante os posibles ataques dos lobos.

Un ataque en dez anos

As estatísticas falan por si soas e é que en máis de dez anos só sufriron un ataque porque as cabras se escaparon do recinto», incidente que se saldou con catro mortos, unha cifra máis que asumible ao ter en conta o intervalo de tempo. O sistema que usan para criar ao gando é permanecer fóra da vida dos animais, que están no pasto. Teñen distintos tipos de peches en función das necesidades que teñan.

O pastoreo e a protección do gando son traballos dos canes, que «cobran» un quilo e medio de penso diario «porque tamén son traballadores», explica Joan Alibés. No peche das leiras tamén hai un pastor que impide que as ovellas teñan a tentativa de saír do lugar que está habilitado para elas.

«Os mastines adáptanse ás condicións do rabaño en todo momento e sen excepcións», conta o catalán, que tamén explica a facilidade de aclimatación que posúen os canes á hora de cambiar de zona o rabaño, en caso de mover o peche ou de habilitar un terreo de forma permanente.

É importante lembrar que o feito de que os lobos se aproximen cada vez máis ás vivendas tamén se debe a que son os cazadores os que cazan ás súas presas. Hai outras medidas.

A crianza é outro dos labores dos dous gandeiros, que tamén crían mastines para educalos no pastoreo. «Están en contacto coas ovellas desde pequenos e tamén viven na zona para acostumarse ao gando e coñecelo», explica o catalán.

Máis futuro

Joan Alibés defende o futuro da cría de gando fronte aos vacúns de leite, «que teñen moitas ameazas e son incontrolables», explica. O catalán cre que os sistemas ovinos dependen máis «das capacidades dos gandeiros» e menos das «subidas e baixadas do millo».

Así mesmo, o sistema de explotación permite que a familia gandeira teña tempo para outras cousas, como «asociacións culturais e formar parte doutras asociacións gandeiras», explica Albés, que é o presdiente da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes.

As axudas que reciben desde Beealia e A Cabreta proceden na súa totalidade da Política Agrícola Común. «Agora estamos mirando as subvencións da Deputación para fomentar o uso das terras abandonadas», declara Alibés.

A natalidade é outra das preocupacións do barcelonés, que tamén reflexiona sobre a falta de investimento por parte das admninistraciones para fomentar este tipo de iniciativas.