O 1x1 do Eibar - Deportivo

Analizamos individualmente a actuación dos xogadores herculinos en Ipurúa


O Deportivo sumou un punto en Ipurúa no empate sen goles ante o Eibar que coloca aos herculinos décimo quintos con oito puntos na clasificación. No debut de Francis e Albentosa esta tempada, o Dépor soubo manter a súa portería a cero e mesmo foi mellor na primeira parte, onde dominou e tivo máis o control do partido. Analizamos un a un o rendemento dos deportivistas ante o equipo armeiro.

1 Francis: 7

Ipurúa non é un campo doado para o debut dun porteiro, pero o mozo nixeriano cumpriu. Parou o que tiña que parar e non cometeu fallos.

2 Fede Cartabia: 7

No primeiro tempo, intentou asociarse continuamente con Andone e con Çolak, ademais de con Juanfran. Na segunda, tamén baixou.

3 Albentosa: 7

Demostrou que pode dar seguridade a este equipo. Sen contemplacións en defensa, fíxoo doado cando lle tocou sacar o balón. 

4 Sidnei: 7

Como Albentosa, cortou todo canto apareceu polas súas inmediacións. Tras o descanso parece ter recuperado a forma.

5 Luisinho: 6

Non atopou tantas posibilidades para incorporarse ao ataque como noutros encontros, pero estivo seguro atrás e cumpriu.

6 Guilherme: 6

Non tivo maior protagonismo, pero tampouco se viu excesivamente superado por un medio do campo eibarrés bastante intermitente.

7 Celso Borges: 5

Boa primeira parte do costarriqueño, que pareceu pasarlle factura no segundo período, no que baixou o seu rendemento bastante. 

8 Juanfran: 5

Cumpriu. Sen concesións atrás, en ataque mesmo se atreveu nunha ocasión polo medio de dous futbolistas do Eibar para xerar sorpresa.

9 Emre Çolak: 5

Durante os minutos nos que o Deportivo tivo o dominio do balón intentou meter varios pases a Andone, alternando acertos e erros.

10 Fede Valverde: 4

Desaparecido. Probablemente pagou o cansazo de ter viaxado coa súa selección. Non conseguiu entrar en xogo e foi substituído. 

11 Borja Vale: 4

Saíu para dar máis potencia á banda esquerda e non se lle pode negar que o intentou, pero non acertou nas eleccións que realizou.

12 Andone: 4

Traballou como sempre, pero non estivo acertado nas dúas ocasións que tivo. Nunha chegou tarde e noutra precipitouse en exceso.

13 Bakkali:  3

O día que aposte por asociarse máis e abusar menos do caneo o equipo terá gañado unha gran xerador de xogo.

14 Lucas Pérez: -

A súa saída ao campo resultou testemuñal. Mel non quixo forzalo e apenas o puxo catro minutos nos que non tivo tempo de case nada.

Votación
6 votos
Comentarios

O 1x1 do Eibar - Deportivo