Camións e cegoñas, un contraste na estrada dos polígonos industriais

A vía de Outeiro de Rei Castro de Ribeiras de Lea a recolle o tráfico de parques empresariais en expansión


Só once quilómetros ten a estrada LU-115, que vai da . Con ese curto percorrido, con todo, vale para observar a recente evolución da comarca chairega. Por unha banda, municipios como Outeiro de Rei e Castro de Rei desenvolveron unha actividade económica baseada nos seus polígonos, xerando unha actividade económica que se nota na Terra Chá e en Lugo; por outro, un trazo ambiental tan característico dos últimos anos como a abundancia de cegoñas nótase nesta vía, con niños ao lado dunha calzada moi usada por camións.

1 SAÍDA NATURAL

A estrada é a saída natural do parque empresarial de cara Castro de Ribeiras de Lea a a N-VI e, sobre todo, cara á autovía do Noroeste (A-6). As melloras que se realizaron en anos pasados ?promovidas pola Xunta, titular da vía? eran unha demanda moi agardada polos empresarios desa localidade e polo Concello Castro de Reide . Calquera observación da vía permite comprobar facilmente a importancia do tráfico pesado nos vehículos que a percorren habitualmente.



2 PRETO DE CASAS

O firme da estrada presenta bo aspecto. No entanto, hai curvas nalgúns tramos, imposibilidade de pasar os 90 por hora e conveniencia de circular con precaución porque a función da estrada non se limita a enlazar polígonos e autovías: pasa por varias parroquias de Outeiro de Rei, discorre preto de casas nalgún tramo e ten accesos a outras parroquias e a instalacións como o centro penal de Bonxe.

3 CURVAS

Entre casas e entre curvas chega a estrada a , Castro de Ribeiras de Leaonde o proxecto de construír unha circunvalación que unise esta estrada e a LU-113 (Rozas-Abadín) non pasou ata agora de ser un desexo, aínda que así se darían máis facilidades ao tráfico pesado procedente da N-640.

 

Votación
1 votos
Comentarios

Camións e cegoñas, un contraste na estrada dos polígonos industriais