«Os espazos suxiren a forma das esculturas»

En dous minutos | Enrique Saavedra Chicheri Enrique Saavedra Chicheri inaugurou onte unha maridaxe de escultura e pintura coa artista Luisa Valdés na reitoral de Cines, en Oza dos Ríos


a coruña

Enrique Saavedra Chicheri confesa que case non se acorda de que naceu en Madrid. «Levo moito tempo en Galicia, así que me considero xa de aquí», recoñece. Onte inaugurou unha exposición na reitoral de Cines situada en Oza dos Ríos e á que levou a moita xente enganada. «A invitación simulaba ser a dunha voda: a de Flor e Pondio», explica.-As pinturas de Luisa Valdés na sala de exposicións e as miñas esculturas por todo o recinto, un sitio precioso que funciona como casa de turismo rural. Na páxina www.larectoraldecines.com poden informarse cun plano de como chegar. -¿Por que non as reuniu nunha sala? -É que eu renego un pouco de facer series ou pezas que teñan moito que ver. Esta vez hainas moi grandes e moi pequenas, como a titulada E comeron perdices.... que son uns bonequiños nunha pedra que contan moito sobre o matrimonio. -¿Algunha ten relación coa que está nas inmediacións da Torre de Hércules? -En todas as miñas obras están presente as miñas materias primas preferidas: madeira e ferro, pero tamén outros elementos que poida necesitar ou que me pidan as pezas. No caso da Torre de Hércules, paseeime pola zona e descubrín unha furna que me pedía a peza que fixen despois. Chámase Espiñento e está colgado no cantil por tres cables. Eu creo firmemente que os espazos suxiren a creación e forma das esculturas, non llas podes impor. Iso de crealas e despois colocalas como sexa nun oco determinado nunca funciona. -¿Cal é a súa favorita? -Non sei, todas e ningunha. Séntome un pouco pai das obras.

Coñece a nosa newsletter con toda a actualidade da Coruña

Creamos para ti unha selección de noticias da cidade e a súa área metropolitana para que as recibas no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
0 votos

«Os espazos suxiren a forma das esculturas»