Os mellores cociñeiros afeccionados de filloas concursaron nesta cita que se celebrou na remocicada primeira planta da praza de Abastos. levou o primeiro premio á calidade Celsa María Blanco González, o segundo foi para María del Mar Suárez Sobrera, e o terceiro para Tamara Abilleira Martínez. No apartado de presentación os premios foron para María Cruz Martínez Sertal, cunha representación dun pallaso, e para Tamara Abilleira Martínez, que fixo un prado.