Aparecen coas últimas luces do día e a pesar da súa rechamante vestimenta son apenas perceptibles. Hai tempo que deixamos de mirar. Reparten comida a domicilio a toda unha cidade e fano coa precisión dun reloxo suízo. Como á maioría de nós viven co seu smartphone na palma da man. O seu sustento depende diso. Neste ano de pandemia fixéronse imprescindibles, eran das poucas almas que percorrían unha cidade confinada e famenta. A demanda de comida a domicilio fixo necesario un pequeno exército de emisarios, ben adestrados e dispostos a todo. Agora que ao parecer entramos nunha nova etapa o seu futuro laboral está menos claro que nunca.
La Voz de Galicia
Comentarios