O máis novo brande o coitelo. Leva vaqueiros, unha camiseta de cor rosa pastel, e no seu antebrazo ten un nome tatuado. As carqueixas prenden rápido a pesar da xeada da mañá. O bafo vólvese fume e os pelos arden e a pel cruje. Trescentos quilos de carne, ósos e vísceras tombados como escultura para exposición. En Soutolongo (Lalín) hai que ensinar ao novo como funciona o despezamento. Os veteranos apoian, observan, colocan, suxeitan. - Ves iso? É a traquea, xa sabes ou que tes que facer. O máis novo brande o coitelo.
La Voz de Galicia
Comentarios