Doce fitos do galeguismo na Coruña

O enterro de Curros: comercios pechados, crespóns negros nas ventás e a bandeira cubrindo o cadaleito. A despedida a Manuel Curros Enríquez (falecido en Cuba en marzo de 1908 e soterrado en abril na Coruña) foi multitudinaria

A cidade que máis tópicos arrastra sobre o seu carácter pouco galego revelouse varias veces como pioneira en Galicia. Resumimos en imaxes unha ducia de momentos clave na toma de conciencia do galeguismo

25 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.
O enterro de Curros: comercios pechados, crespóns negros nas ventás e a bandeira cubrindo o cadaleito. A despedida a Manuel Curros Enríquez (falecido en Cuba en marzo de 1908 e soterrado en abril na Coruña) foi multitudinaria
1/12 O enterro de Curros: comercios pechados, crespóns negros nas ventás e a bandeira cubrindo o cadaleito. A despedida a Manuel Curros Enríquez (falecido en Cuba en marzo de 1908 e soterrado en abril na Coruña) foi multitudinariaAlberto Martí Villardefrancos
Irmandades da Fala: nacen na Coruña en 1916 e espállanse por Galicia (está foto histórica é da cuarta asamblea, que se celebra en Monforte, e á que asisten Antón Villar Ponte, Castelao ou Antón Losada Diéguez). O movemento nacionalista asume o monolingüísmo en galego. Antón Villar Ponte, principal promotor, comezou a campaña cunha serie de artigos na Voz de Galicia. Disólvense no 1931 e nace o Partido Galeguista
2/12 Irmandades da Fala: nacen na Coruña en 1916 e espállanse por Galicia (está foto histórica é da cuarta asamblea, que se celebra en Monforte, e á que asisten Antón Villar Ponte, Castelao ou Antón Losada Diéguez). O movemento nacionalista asume o monolingüísmo en galego. Antón Villar Ponte, principal promotor, comezou a campaña cunha serie de artigos na Voz de Galicia. Disólvense no 1931 e nace o Partido Galeguista
Dos Xogos Florais, á Cova Céltica e Cerámicas do Castro: o encontro literario naceu na Coruña en 1861. No 1893, galeguistas e intelectuais comezaron a reunirse nun faladoiro no que tamén interveu Sofía Casanova. Xa no século XX, na posguerra, xunto á Coruña, Sada alumeou o que sería o novo Sargadelos
3/12 Dos Xogos Florais, á Cova Céltica e Cerámicas do Castro: o encontro literario naceu na Coruña en 1861. No 1893, galeguistas e intelectuais comezaron a reunirse nun faladoiro no que tamén interveu Sofía Casanova. Xa no século XX, na posguerra, xunto á Coruña, Sada alumeou o que sería o novo SargadelosArquivo da RAG
Biblioteca Gallega: Juan Fernández Latorre, o fundador de La Voz de Galicia, e Andrés Martínez Salazar fundan no 1885, en pleno Rexurdimento, a editorial cuxa meta é difundir a cultura galega. Los Precursores, de Murguía, foi o seu primeiro volume. Publicou a versión final de Aires d'a miña Terra, de Curros, proscrita pola Igrexa. No 2002 reeditáronse as 120 obras máis senlleiras
4/12 Biblioteca Gallega: Juan Fernández Latorre, o fundador de La Voz de Galicia, e Andrés Martínez Salazar fundan no 1885, en pleno Rexurdimento, a editorial cuxa meta é difundir a cultura galega. Los Precursores, de Murguía, foi o seu primeiro volume. Publicou a versión final de Aires d'a miña Terra, de Curros, proscrita pola Igrexa. No 2002 reeditáronse as 120 obras máis senlleirasBiblioteca Gallega
Real Academia Galega: fúndase en 1906 na Coruña. Murguía foi o seu primeiro presidente. A Sociedade de Folklore Galego, creada na Coruña en 1881 e promovida por Emilia Pardo Bazán, foi o seu precedente. A súa sede está na casa de Bazán da rúa Tabernas
5/12 Real Academia Galega: fúndase en 1906 na Coruña. Murguía foi o seu primeiro presidente. A Sociedade de Folklore Galego, creada na Coruña en 1881 e promovida por Emilia Pardo Bazán, foi o seu precedente. A súa sede está na casa de Bazán da rúa TabernasArquivo da RAG
As irmandiñas: no 1908 nace a Sección Feminina das Irmandades na Coruña, que chegou a ter ata 200 asociadas. Entre elas, e por esta orde nas fotos, Micaela Chao Maciñeira (a única muller que participou no acto fundacional das Irmandades da Fala no 1916), a mestra Elvira Bao e María Miramontes
6/12 As irmandiñas: no 1908 nace a Sección Feminina das Irmandades na Coruña, que chegou a ter ata 200 asociadas. Entre elas, e por esta orde nas fotos, Micaela Chao Maciñeira (a única muller que participou no acto fundacional das Irmandades da Fala no 1916), a mestra Elvira Bao e María Miramontes
Primeiro izado da bandeira: Co Concello da Coruña foi a primeira institución pública que izou a bandeira en Galicia o 25 de xullo de 1921. A imaxe é da mostra que se pode visitar estes días no pazo municipal de María Pita. Dicir que a bandeira, ao igual que o himno, tiveron que agardar ata 1984 para ser coñecidos como oficiais na Lei de Símbolos de Galicia
7/12 Primeiro izado da bandeira: Co Concello da Coruña foi a primeira institución pública que izou a bandeira en Galicia o 25 de xullo de 1921. A imaxe é da mostra que se pode visitar estes días no pazo municipal de María Pita. Dicir que a bandeira, ao igual que o himno, tiveron que agardar ata 1984 para ser coñecidos como oficiais na Lei de Símbolos de Galicia Alejandra Vera
O primeiro edil: Lois Peña Novo foi o primeiro edil electo dunha candidatura nacionalista en Galicia no concello da Coruña en 1920, sendo alcalde o republicano Antonio Lens Viera. O discurso en galego de Peña Novo na súa investidura foi tamén pioneiro
8/12 O primeiro edil: Lois Peña Novo foi o primeiro edil electo dunha candidatura nacionalista en Galicia no concello da Coruña en 1920, sendo alcalde o republicano Antonio Lens Viera. O discurso en galego de Peña Novo na súa investidura foi tamén pioneiroCedida
Pergamiño en galego: a venda dunha propiedade en 1230 é un dos escritos en galego máis antigos que se conservan. Está no Arquivo do Reino, na Coruña. Hainos máis vetustos. Na Casa de Alba teñen un pergamiño orixinal de 1228, o Foro do Burgo de Castro Caldelas. Un texto notarial do mosteiro de Melón, de 1231, é outra destas reliquias
9/12 Pergamiño en galego: a venda dunha propiedade en 1230 é un dos escritos en galego máis antigos que se conservan. Está no Arquivo do Reino, na Coruña. Hainos máis vetustos. Na Casa de Alba teñen un pergamiño orixinal de 1228, o Foro do Burgo de Castro Caldelas. Un texto notarial do mosteiro de Melón, de 1231, é outra destas reliquiasArquivo do Reino de Galicia
Himno galego: «Os Pinos» presentouse no 1890 para o certame musical do Orfeón Número 4 da Coruña. Escrito por Eduardo Pondal e con partitura de Pascual Veiga, e a orixe do himno galego
10/12 Himno galego: «Os Pinos» presentouse no 1890 para o certame musical do Orfeón Número 4 da Coruña. Escrito por Eduardo Pondal e con partitura de Pascual Veiga, e a orixe do himno galegoArquivo da RAG
Editorial Nós: Ánxel Casal funda a Editorial Nós en 1927 na rúa Real. Aquí imprímense algúns dos libros máis importantes da literatura galega, a revista Nós ou A Nosa Terra, o brazo editorial das Irmandades da Fala. Antes, no 1924, Casal tamén partica con Leandro Carré Alvarellos na creación da Editoral Lar, tamén na Coruña. Dous exemplos pioneiros da aposta por crear selos modernos
11/12 Editorial Nós: Ánxel Casal funda a Editorial Nós en 1927 na rúa Real. Aquí imprímense algúns dos libros máis importantes da literatura galega, a revista Nós ou A Nosa Terra, o brazo editorial das Irmandades da Fala. Antes, no 1924, Casal tamén partica con Leandro Carré Alvarellos na creación da Editoral Lar, tamén na Coruña. Dous exemplos pioneiros da aposta por crear selos modernos
Cemiterio de ilustres:  Eduardo Pondal e Curros Enríquez, dúas das figuras clave do Rexurdimento, están soterrados en Santo Amaro. Tamén Antón Villar Ponte, fundador das Irmandades, Manuel Murguía ou  Luis Seoane.
12/12 Cemiterio de ilustres: Eduardo Pondal e Curros Enríquez, dúas das figuras clave do Rexurdimento, están soterrados en Santo Amaro. Tamén Antón Villar Ponte, fundador das Irmandades, Manuel Murguía ou Luis Seoane.Paco Rodríguez