Amigos da Universidade rende homenaxe a José María García Picher

vigo / a voz vigo / a voz

VIGO

25 abr 2011 . Actualizado ás 11:19 h.

Amigos e Antigos Alumnos da Universidade de Vigo renderán mañá unha homenaxe ao que foi un dos seus fundadores, José María García Picher. O acto incluirá música, poesía e teatro, actividades polas que o que fose político e presidente do Círculo Mercantil sentía especial devoción.

A cita, prevista para as 20 horas no auditorio do Centro Cultural Novacaixagalicia, abrirase coa lectura dunha descrición de García Picher, na que se lembrará o seu gusto pola cultura. Haberá a continuación unha sesión de teatro lido, seguida dun recital de poesía e un concerto de piano.