En directo: Rali de Noia

Ana Iglesias / Fabián Bouzas

MOTOR GALEGO

Chega o Rali de Noia, a terceira proba do Campionato Galego de ralis e un dos eventos con máis tirón e soleira na comunidade

03 abr 2017 . Actualizado ás 13:17 h.

Víctor Senra prolongou o seu gran estado de forma, coa terceira vitoria consecutiva ao imporse no Rali de Noia, nunha proba que dominou de principio a fin, ostentando un primeiro posto que non deixou escapar. O piloto de Dumbría dá continuidade así aos seus triunfos logrados no Rali da Coruña e o Rali do Cocido.

Alberto Meira foi segundo na clasificación xeral, a 51 segundos de Víctor Senra, mentres que o podio o completou Iago Caamaño coa terceira posición.

O Rali de Noia foi un éxito total de afluencia, con miles de afeccionados abarrotando os tramos e dotando de animación e colorido un evento que crece a cada edición.

21.14
Clasificación Volante FGA

Cópaa Volante FGA lévalla Daniel Berdomas, na cabeza durante todo o rali, superando a Álvaro Pérez e Domingo Molinos

1-Daniel Berdomas (One Seven) 1h14:38.534 (+4:41.614)

2-Álvaro Pérez (Berberecho) 1h15:04.41 (+5:07.498)

3- Manuel Souto (Rois Perepe Sport) 1h17:33.307 (+7:36.387)

21.00
Clasificación Top Ten Pirelli

Alberto Nimo leva o a Copa Top Ten Pirelli, tras un dominio incontestable durante todo o Rali de Noia.Así quedou a clasificación final:

1-Alberto Nimo (Lalín Deza) 1h14:25.725

2-Pedro Castro (Berberecho) 1h15:20.74 (+5:23.829)

3-Jorge Pérez (Asuco)1h16:08.689 (+6:11.769)

20.38
¡Final, vitoria para Víctor Senra!

Acabouse o último tramo, venceu Alberto Meira no último tramo, pero a clasificación xeral é para Víctor Senra, que finalizou en primeira posición por diante de Alberto Meira e Iago Caamaño.

Clasificación Xeral: 

1-Víctor Senra (Yacar Racing) 1h09:56.920

2-Alberto Meira (AMF Sport) 1h10:48.388 +51.468

3-Iago Caamaño (Lalín Deza) 1h11:09.319 +1:12.399

4-Iago Silva (Barbadás) 1h11:11.501 (+1:14.581)

20.23
En marcha o último tramo

Xa está en marcha o oitavo e último tramo deste Rali de Noia o tramo Pneumáticos Tino cunha lonxitude de case quince quilómetros e que decidirá a clasificación final das distintas copas en xogo.

20.20
Clasificación Volante FGA

Daniel Berdomás segue marcando os tempos na clasificación de cópaa Volante FGA. A falta do último tramo así está a clasificación:

1- Daniel Berdomas (One Seven) 1h05:11.716 (+4:27.423)

2-Álvaro Pérez (Berberecho) 1h05:32.146 (+4:47.853)

3-Manuel Souto (Rois Perepe Sport) 1h07:14.491 +6:30.198

20.15
Clasificación Top Ten Pirelli

Sen cambios na clasificación da Top Ten Pirelli a falta do último tramo, segue dominando AlbertoNimo:

1-Alberto Nimo 1h04:51.080 (+4:06.787)

2-Pedro Castro 1h05:34.792 (+4:50.499)

3-Jorge Pérez 1h06:30.156 (+5:45.863)

20.10
Problemas para Alberto Meira

A pesar de finalizar cuarto no sétimo tramo, Alberto Meira sofre problemas mecánicos, o que podería custarlle o segundo posto que aínda mantén no seu poder. A 7 segundos está Iago Caamaño e a 19, Iago Silva, veremos o que depara o último tramo.

20.03
Senra segue dominando a xeral

A falta do último tramo así está a clasificación xeral deste Rali de Noia, Víctor Senra teno todo de cara para levar o Rali, mentres Alberto Meira quere defender o segundo posto ante Iago Caamaño:

1-Víctor Senra (Yacar Racing) 1h00:44.293

2-Alberto Meira (AMF Sport) 1h01:45.029 (+1:00.736)

3-Iago Caamaño (Lalín Deza) 1h01:52.278 (+1:07.985)

4-Iago Silva (Barbadás) 1h02:03.910 +1:19.617

19.58
¡Novo scratch para Víctor Senra!

Víctor Senra segue dominando a carreira con man de ferro e volveu a ser o máis rápido no sétimo tramo deste Rali De Noia. O piloto de Dumbría finalizou cunha marca de 8:23.806. Iago Silva foi segundo, a pouco menos de cinco segundos 8:28.706 (+4.900), mentres Iago Caamaño  foi terceiro(8:29.170) +5.364. Alberto Meira finalizou este tramo na cuarta posición.

19.32
Arrinca o sétimo tramo

Arrinca o penúltimo tramo deste Rali de Noia o C2 Pavimentos Noia, cunha lonxitude 14 quilómetros e medio. Ademais dos favoritos veremos como se desenvolve Iago Silva neste tramo, o piloto da escuadra Barbadás está a ter unha enorme progresión neste Rali de Noia.

18.53
A piques de comezar o sétimo tramo

En breves minutos arrincará o sétimo tramo da carreira, con Víctor Senra dominando a proba no primeiro posto e con Alberto Meira e Iago Caamaño en segunda e terceira posición respectivamente.

18.32
Clasificación Top Ten Pirelli

Así está a clasificación da copa Top Ten Pirelli a falta de dous tramos:

1-ALBERTO NIMO 55:50.332 (+3:29.845)

2-PEDRO CASTRO 56:35.734 (+4:15.247)

3-RUBÉN CARBALLO 57:25.295 (+5:04.808)

18.30
Reagrupamiento antes dos dous últimos tramos

Recta final deste Rali de Noia, agora mesmo estase producindo o reagrupamiento no Parque Pechado de Labarta, durante 25 minutos, antes de encarar os dous últimos tramos do evento.

18.12
Así está a clasificación xeral

Na clasificación xeral, tras a disputa do sexto tramo do Rali de Noia, Víctor Senra segue líder e Iago Caamaño acurta diferenzas coa segunda posición que ocupa Alberto Meira:

1-Víctor Senra  52:20.487

2-Alberto Meira 53:01.829 (+41.342)

3-Iago Caamaño 53:23.108 (+1:02.621)

4- Iago Silva 53:35.204 (+1:14.717)

18.08
¡Víctor Senra segue voando!

Víctor Senra segue o seu dominio indiscutible na proba asinando o mellor tempo desta sexta etapa. O piloto de Dumbría finalizou este tramo Pneumáticos Tino cun tempo de 8:57.562. A sorpresa haa dado Iago Silva, que foi segundo cun tempo de 9:05.737 (+8.175). Iago Caamaño foi terceiro cun tempo de 9:08.118 (+10.556). Alberto Meira quedou relegado á cuarta posición 9:10.398 (+12.836).

18.03
Clasificación Volante FGA

Así está a clasificación de cópaa Volante FGA tras a disputa do quinto tramo:

1-Daniel Berdomas 46:49.857 (+3:26.932)

2-Álvaro Pérez 47:10.946 (+3:48.021)

3-Domingos Molinos 47:51.424 (+4:28.499)

17.57
Así foi a asistencia á embarazada

Así foi a asistencia médica á muller embarazada que sufriu unha caída e tivo que ser atendida.

17.53
Atraso de dez minutos

Se para o sexto tramo momentaneamente para que os servizos de urxencia atendan a unha muller embarazada que se caeu. Haberá un atraso de dez minutos na disputa deste tramo Pneumáticos Tino .

17.45
Arrinca o sexto tramo do rali

Xa está en marcha o sexto tramo do Rali de Noia, o tramo Pneumáticos Tino , cunha lonxitude de case 15 quilómetros de lonxitude. Todo por decidir, cun Víctor Senra que segue a cargo de a xeral.

17.43
Clasificación Top Ten Pirelli

Así queda a clasificación da Copa Top Ten Pirelli tras a disputa do quinto tramo:

1-ALBERTO NIMO 46:10.311 +2:47.386

2-PEDRO CASTRO 46:59.299 +3:36.374

3-RUBÉN CARBALLO 47:26.843 +4:03.918

17.34
Clasificación xeral

Sen cambios na clasificación xeral tras a disputa do quinto tramos do Rali de Noia:

1-Víctor Senra: 43:22.925

2-Alberto Meira: 43:51.431 +28.506

3-Iago Caamaño: 44:14.990 +52.065

4-Iago Silva: 44:29.467 +1:06.542

5-Miguel Paredes: 45:35.464 +2:12.539

17.26
Scratch para Alberto Meira

O piloto de Mitsubishi Alberto Meira acaba en primeira posición neste quinto tramo do Rali de Noia cun tempo de 8.18.6288, por diante dun Víctor Senra, que foi segundo con 8:20.940 (+2.072). A sorpresa a dado o piloto Iago Silva que foi terceiro a máis de sete segundos de Alberto Meira (8:26.362 +7.494), por diante dun Iago Caamaño que finalizou cuarto.

 

17.17
Alberto Meira xa en carreira

O piloto de Vincios xa está en carreira. Con atraso de case media hora, por fin o quinto tramo da carreira botou a andar. 

17.05
Problemas pola gran afluencia de público

A gran cantidade de público que acudiu aos tramos da tarde provocaron o atraso no comezo da proba. O tramo no concello de Rois está abarrotado de xente nunha curva moi pechada. A seguridade de carreira obrigou á xente a moverse de onde estaban colocados porque senón tiñan que suspender o tramo e neutralizar a proba posto que a súa posición non era segura. A organización de carreira está reorganizando o público.

16.19
20 minutos de atraso!

O primeiro tramo da tarde sairá con 20 minutos de atraso debido aos coches mal aparcados que colapsaron as vías de evacuación do tramo.

16.08
Gran afluencia de público

O público está enchendo as beiravías dos tramos da tarde nos que se agarda gran afluencia de público.

15.52
Grandes atascos

A gran cantidade de público que atrae a proba barbancesa está a provocar grandes atascos nos accesos aos tramos. O primeiro tramo da tarde discorrerá en Noia e ten unha lonxitude de 14,650 km. 

Javier Romero
15.27
Seguridade nos tramos

Desde dirección de carreira piden ao público que non aparque os seus coches nas vías de evacuación e que cumpra as normas, para o normal desenvolvemento da proba.

14.51
Valoración da proba

Pilotos e dirección de carreira cóntannos como transcorreu a xornada matutina do Rali de Noia.

13.57
Neutralizada segunda pasada en Stark

O tramo A2 denominado Stark tivo que ser finalmente neutralizado debido a que un dos comisarios de carreira sufriu unha alerxia pola que tivo que ser trasladado ao hospital.

13.42
A carreira renóvase pola tarde

Ás 16.48 está prevista a saída do primeiro corredor desde o tramo de Noia. Grandes atascos agora na estrada de Outes a Noia, punto no que se iniciará a carreira.

Hai un gran control de alcoholemia agora en Outes.

13.18
Clasificación Volante FGA

Así queda a clasificación de cópaa Volante FGA: 

Daniel Berdomas 38:01.203 (+2:59.218)

Álvaro Pérez 19.12.990 (+1.32.912)

Manuel Bouzas 39:48.063 (+4:46.078)

12.47
Clasificación xeral

Así queda a clasificación xeral tras os catro tramos disputados pola mañá:

Víctor Senra 35:01.985

Alberto Meira 35:32.563 (+30.578)

Iago Caamaño 35:36.681 (+34.696)

Iago Silva 36:03.105 (+42.563)

Miguel Paredes 26:39.309 (+1:08.206)

 

12.41
Víctor Senra, intratable

O piloto de Dumbría non está dando ningunha opción aos seus rivais volvendo marcar o mellor tempo no tramo de Mazaricos cun tempo de 9:30.88. Alberto Meira, segundo, fixo un tiemp de 9:37.962 a 7.080 do líder provisional.

Iago Caamaño foi terceiro cun tempo de 9:40.537, a 9.655 de Senra. 

12.38
B2 en marcha!

A segunda pasada do tramo Senra Sport no Concello de Mazaricos xa está en marcha. Con este tramo porase punto e final á proba da mañá. Unha vez finalizado, os pilotos dirixiranse ao reagrupamiento no parque pechado de Labarta, ata as 16.48 que dará comezo o quinto tramo da carreira denominado Pavimentos Noia.

12.32
Subimos ao coche de seguridade en carreira

O operativo recoñece cada tramo e advirte aos asistentes sobre as zonas de perigo

12.20
Accidente de Alejandro Fariña

O coche 29 pilotado por Alejandro Fariña e Alberto dous Reis envorcaron neste terceiro tramo. Ambos os pilotos saíron polo seu propio pé do coche e o vehículo non impide que siga a carreira.

12.04
Alberto Meira recupera a segunda praza

Tras a segunda pasada ao tramo de Stark, Víctor Senra segue líder indiscutible da proba mentres Alberto Meira recupera o segundo posto que lle asaltou Iago Caamaño no tramo Senra Sport. Así está a clasificación:

Víctor Senra 25:31.103

Alberto Meira 25:54.601 (+23.498)

Iago Caamaño 25:56.144 (+25.041)

Iago Silva 26:13.666 (+42.563)

Miguel Paredes 26:39.309 (+1:08.206)

12.00
Scratch de Senra

Dominou na primeira pasada e o piloto de Dumbría volveuno a repetir na segunda marcando o mellor tempo con 7:51.025. Alberto Meira, que está a ter problemas no coche que non lle están permitindo atoparse do todo cómodo en carreira, quedou segundo cun tempo de 7:58.420, a +7.395. En terceiro lugar quedou Iago Caamaño cun tempo de 8:00.423, a nove segundos do primeiro.

11.53
Terceiro tramo en carreira

Os primeiros pilotos xa voan sobre o asfalto do terceiro tramo das xornada. A piques de chegar ao control de meta Alberto Meira, Víctor Senra e Iago Caamaño. 

11.45
Segunda pasada do tramo Stark

O tramo desenvólvese no Concello de Outes, o coche de seguridade xa está recoñecendo este tramo de 12,750 km. Víctor Senra foi o encargado de marcar o mellor tempo na primeira pasada, veremos se repite nesta segunda pasada.

11.34
Así serán os tramos 3 e 4

Desde a seguridade de carreira coméntannos como serán as segundas pasadas aos tramos de Stark e Senra Sport así como a afluencia de público e como están colocados.

11.31
Controis da Garda Civil

A seguridade do Rali de Noia é primordial e é por iso que a Garda Civil xa comezou a facer controis de alcoholemia que se prolongarán ata o final da proba. 

Ata o momento, un condutor que se saltou un control de seguridade que prohibía o paso de coches foi multado en Outes.

11.28
Espectacular accidente

O coche 59 pilotado por Cristian Lamas e Álvaro Paz chocou contra un posto de comida ambulante e deixou imaxes estarrecedoras. Por sorte, non houbo feridos.

11.02
Así quedou o coche 125

Este é o estado no que quedou o coche de Manuel Castro e Rubén Boullón da escuadra Berberecho tras sufrir un accidente sen feridos.

Javier Romero
10.57
Accidente do coche 92

O coche número 92 pilotado prol Arnaldo Solorzano e Jorge Fernández da escuadra PTC Escola sufriu unha accidente por unha saída de vía e tivo que abandonar a proba

Javier Romero
10.37
Abandonos ata o momento

 

8. Jose Manuel Lista e Mauro Barreiro (J.Lista Competición)

21. Antonio Sampayo e Noel Claro (AMF Sport)

23. Alberto Pamín e Mario Ríos (Touro Motor)

48. Damian Bellón e Andrés Pérez (Moeche)

10.30
Estradas molladas

Os tramos están bastante húmidos e os pilotos están a ir aínda con bastante cautela nestes primeiros tramos.  

Ás 11.49 está previsto que Alberto Meira arrinque o seu coche para disputar a segunda pasada do tramo de Stark no que Víctor Senra marcou scratch no inicio do rali. 

10.16
Incidente no tramo Senra Sport

O coche 59 pilotado por Cristian Lamas Sampayo e Álvaro Paz Movilla sufriron un accidente no tramo de Mazaricos ao chocar contra un posto de comida ambulante.

10.04
Clasificacións

Top Pirelli Castrol

Félix Macías 18.28.172 (+48.094)

Alberto Nimo 18.49.105 (+1.09.027)

Rubén Carballo 19.17.622 (+1.37.544)

Volante FGA

Daniel Berdomas 19.07.273 (+1.27.195)

Álvaro Pérez 19.12.990 (+1.32.912)

Jose Tubio 19.33.798 (+1:55.320)

09.45
«Víctor Senra está moi forte»

O piloto de AMF Sport valorou así, para La Voz de Galicia, as primeiras pasadas polos tramos de Stark e Senra Sport. 

09.42
Reagrupamiento en Mazaricos

Durante 20 minutos, os pilotos se reagruparán no parque pechado de Mazaricos, antes da segundas pasadas de Stark e Senra Sport. 

09.35
Así son os tramos de Stark e Senra Sport

Así valora dirección de carreira os primeiros tramos disputados xa no Rali de Noia, a falta dunha segunda pasada.

09.25
Cambio na clasificación xeral

Iago Caamaño quitoulle o segundo posto a Alberto Meira tras marcar o mellor tempo no segundo tramo da proba. Víctor Senra comezou dominando o rali anotándose o primeiro scratch da xornada. Así queda a xeral: 

Víctor Senra 17.40.078

Iago Caamaño 17.55.721 (+15.643)

Alberto Meira 17.56.181 (+16.103)

Iago Silva 18.12.093 (+32.015)

Miguel Paredes 18.26.461 (46.383)

09.17
Iago Caamaño impón as súas intencións

O piloto galego marcou o mellor tempo deste segundo tramo de Mazaricos, o Senra Sport. Estes foi os tempos: 

Iago Caamaño 9.55.30

Alberto Meira 9.55.812 (+0.50)

Víctor Senra 9.56.40 (+1.09)

Iago Silva 10.09.599 (+14.293)

Miguel Paredes 10.12.066 (+16.760)

09.11
Segundo tramo en carreira

O segundo tramo deste Rali de Noia xa está en carreira. Situado no Concello de Mazaricos, o tramo Senra Sport é máis longo que o primeiro con 16,450 km.

Víctor Senra defende xa desde o comezo da proba, a clara intención de dominar a proba desde o inicio.

09.01
Saída de parque pechado

Así partiron os pilotos do parque pechado en Labarta cara ao primeiro tramo en Outes. Gran expectación na saída.

08.52
Scratch para Víctor Senra

O piloto de Dumbría segue co dominio das últimas probas e arrinca o proba marcando o mellor tempo no tramo de Stark. Segundo foi Alberto Meira, a 16,69 e Iago Caamaño 16, 740. Así está a xeral tras o primeiro tramo:

Víctor Senra 7.43.675

Alberto Meira 8.00.369 (+16.69)

Iago Caamaño 8.00.415 (+16.740)

Iago Silva 8.02.494 (+18.819)

Miguel Paredes 8.14.395 (30.720)

08.49
Os pilotos xa voan por Outes

Alberto Meira, Víctor Senra e Iago Caamaño xa voan sobre o primeiro tramo da xornada. O Stark, no Concello de Outes, ten unha distancia de 12,750 km. O coche de seguridade verificou que todo estaba en perfecto estado para a disputa da carreira.

 

08.41
A seguridade, o primeiro

Máis de 70 axentes da Garda Civil velarán durante o transcurso da proba pola seguridade de afeccionados e profesionais. Aquí, comprobando a seguridade en Mazaricos.

Javier Romero
08.34
Todo disposto para que comece a proba

O coche de seguridade xa ha chequeado o primeiro tempo. O único que tiveron que cambiar de localización por seguridade foi un posto ambulante de comida que estaba situado nunha curva.

As primeiras indicacións do coche de seguridade é que todo está en perfecta orde para que de comezo a proba.

08.27
Senra, favorito para hoxe

Despois de gañar nos ralis da Coruña e O Cocido, Víctor Senra parte como favorito na proba de hoxe, con catro tramos a dobre volta. Iago Caamaño, que pasa a pilotar un novo Ford Festa R5, e Alberto Meira xorden como dúas dos seus principais rivais. A proba arrinca ás 8.39 e o último especial cronometrado dispútase a partir das 19.45 horas.

Javier Romero

Así amenceron os coches. Desde este parque de asistencia partiron xa todos os pilotos con destino o primeiro tramo deste Rali de Noia.

08.19
Así arrinca o Rali de Noia

O punto de partida desta xornada de motor galega arrinca coa saída do primeiro tramo. O coche de Alberto Meira, primeiro en arrincar o seu coche desde o tramo de Stark farao ás 08.38. 

javier romeu

Chega a terceira proba do Campionato Galego de ralis coa disputa do Rali de Noia, unha das máis arraigadas en Galicia e que move miles e miles de afeccionados ao motor cada ano.

Esta edición de 2017 preséntase apaixonante, cun duelo entre os tres grandes favoritos a facerse co rali. Víctor Senra é o rival a bater dado o seu gran momento de forma, que lle está permitindo liderar o campionato autonómico. Os seus grandes rivais polo triunfo son Iago Caamaño e Alberto Meira, o vixente campión da proba do ano pasado.

O Rali de Noia move masas e agárdase unha cifra próxima ás 30.000 afeccionados que poderán gozar dos mellores pilotos do panorama galego, ao longo dos 117 quilómetros cronometrados que terá a proba (esta edición sumará un total de 310 quilómetros). Hai 165 pilotos inscritos, polo que quince están na reserva xa que a cota máxima son de 150.