Así o contamos: Raio Vallecano 2 - Lugo 0

M. P. R.

CDLUGO

inma flores | Lof

O equipo de Luis César cae en Vallecas afastado da súa mellor versión

22 abr 2017 . Actualizado ás 20:03 h.
Final
Derrota merecida

O Lugo arrincou tímido pero logo atopouse con problemas serios ante a presión adiantada do Raio, moito máis agresivo con e sen balón. Aos poucos foise encerrando o equipo de Luis César e o Raio rematou e rematou ante Roberto ata atopar dous goles. Dous intentos de Joselu (un xa co partido decidido), o único notable do Lugo en ataque, nun choque para esquecer.

Min 93
FINAL RAIO VALLECANO 2 - LUGO 0

Remata o partido de Vallecas, derrota para o Lugo. Pobre partido dos galegos en cancha do Raio, que foi superior, sobre todo na segunda parte. 

Min 92
PERDOA O LUGO

Roubo en zonda de moito perigo de Yelko Pino , pero Joselu decide xutar con dous compañeiros agardando para empurrar en posición de remate. Egoísta aí Joselu.

Min 90
Engadirán 3 minutos

O Raio Vallecano-Lugo está máis que liquidado. Iremos ata o 93 en Vallecas, cos minutos do lixo. Decepcionante partido do Lugo, lonxe da súa imaxe habitual.

Min 88
Cambio no Raio

Entra Jordi Gómez por Fran Beltrán. Último cambio do partido con todo máis que decidido.

Min 87
Gol anulado ao Raio

Comesaña emboca o rexeite de Roberto a tiro desde a frontal. Gol anulado aínda que a posición do galego do Raio era correcta. Sálvase o Lugo dun novo gol.

Min 86
Amarela para Lass

Por entrar co ferro sobre Kravets e rozar o xeonllo do defensor do Lugo cos tacos. 

Min 85
Centra Kravets

Demasiado longo para Caballero e Joselu, sen remate. Acábase o partido en Vallecas e o Lugo sufrirá unha nova derrota que frea as súas opcións de sexto posto.

Min 83
Case Fede Vico

Se interna na área, vaise do seu par pero non pode co segundo. O Lugo trata de maquillar o marcador ante a relaxación do Raio, que impuxo un ritmo altísimo en ataque.

Min 82
Centra Campillo

Falta sobre Kravets no ataque do Lugo, pero o centro lateral de Campillo non xera perigo. Frouxo partido do Lugo.

Min 80
Primeiro tiro a porta do Lugo

O remate de Joselu ao poste é o primeiro tiro que atopa os tres paus no partido. Fala ás claras dos problemas do Lugo para pisar área rival.

Min 79
PERDOA O LUGO!!!

Centro desde a esquerda de Fede Vigo e Joselu atopa o traveseiro no seu cabezazo de socato. A máis clara do Lugo chega xa co partido moi costa arriba, non houbo sorte no remate de Joselu.

Min 78
Frouxo Lugo

O marcador tiña incerteza pero o xogo non, e o Lugo case nunca tivo opción de sacar algo positivo de Vallecas, menos nun segundo tempo no que o Raio foi moito máis agresivo co balón. 

Min 77
GOL DO RAIO

GOL DE MANUCHO. Sentencia o Raio. Contra do equipo de Míchel xogando desde o seu porteiro, Lass arrinca pola dereita imparable, e o centro do extremo destro empúrrao a gol Manucho tirándonse con todo dentro da área pequena. 2-0 no Raio-Lugo.

Min 76
Desastre na segunda parte

Kravets falla un control doado e resume o partido do Lugo no segundo tempo. Salvo a acción de Joselu, pouco ou nada do Lugo no segundo tempo, e non é que fixese moito no primeiro.

Min 75
OUTRA VEZ EMBARBA!

Tras o saque do córner en curto, outro disparo de EMbarba dentro da área, moi doado o Raio para pisar zona de perigo. 

Min 74
SALVA ROBERTO!!

Sorprende o Raio en saque de banda pola esquerda, e o chute de Embarba dentro da área sácao o porteiro do Lugo a córner. O partido teno o Raio para sentencialo.

Min 73
Camibo no Raio

Javi Guerra sae e deixa o seu sitio a Manucho.

Min 72
Sen profundidade

Carga pola esquerda Fede Vico co apoio de Kravets, pero sen conseguir chegar a liña de fondo nin pór a pelota na área. Último cambio no Lugo: Iriome deixa o seu sitio a Yelko Pino . 

Min 70
Xuta Embarba!

Unha nova chegada do Raio cun tiro cruzado do canteirán que sae lixeiramente desviado. O Lugo segue noqueado e sen capacidade de resposta a pesar dos cambios de Fede Vico e Caballero.

Min 69
Sofre o Lugo!

Lass volve desbordar e xera dous tiros consecutivos, de Fran Beltrán e Embarba, que repele con problemas a defensa do Lugo. Non hai resposta no cadro galego, desactivado en Vallecas desde o cuarto de hora inicial.

Min 68
Cambio no Lugo

Vaise Pita e entra Caballero. Dúas puntas no equipo de Luis César, e un só mediocentro defensivo.

Min 67
Víase vir

O Lugo non estaba a atopar respostas e aínda amais , a irrupción de Lass coa súa velocidade engádese ao perigo do Raio. O penalti é polémico, pouco contacto na acción, pero o resultado é xusto polo visto ata o momento en Vallecas.

Min 65
GOL DO RAIO

Marca Javi Guerra. Non perdoa o ariete do equipo vallecano, que tras escoitar pitos non perdoa o polémico penalti. 1-0 no Raio Vallecano-Lugo.

Min 64
PENALTI PARA O RAIO!

Lass escápase pola esquerda e cae en loita con Carlos Hernández. Protesta moito o Lugo. Pero a decisión é firme. 

Min 63
SALVA ROBERTO!!

Lass rompe a Kravets cunha serie de simulacros, e o seu lategazo pegado ao poste despéxao Roberto a córner. Nova chegada do Raio, que segue buscando o gol ante un Lugo sen claridade esta tarde. Córner sen consecuencias.

Min 61
Pitos a Javi Guerra

Arrancada de Santi Comesaña, desbordando polo centro, pase profundo para Javi Guerra, que non ve o dianteiro. Pitos para o punta da afección local. O Lugo segue sen conseguir afastar o perigo da súa área nin levalo á contraria.

Min 59
Amarela para Trashorras

Por protestar tras recibir unha falta no centro do campo. Quería amoestación para Seoane por reiteración.

Min 58
Anímase o partido

O Raio chega e remata a maioría das súas xogadas ante a portería do Lugo, que por fin atopou unha contra con perigo na primeira situación de remate de Joselu. 

Min 57
Cambio no Raio

Vaise Ebert e entra Lass. Bo partido do alemán, moi activo pero, como sempre, limitado no físico. Comesaña xuta dentro da área do Lugo, atrapa Roberto seguro por baixo.

Min 56
PERDOA JOSELU!!!

A máis clara do Lugo! Á contra, Fede Vico aparece por vez primeira e pon un perfecto centro de zurda ao corazón da área, Joselu irrompe e en carreira, de primeiras, golpea en posición forzada. A pelota sae a un palmo do pau.

Min 56
SALVA CAVEIRA!!!

Ebert xuta a falta desde a frontal e o lateral saca de cabeza baixo paus, con Roberto batido.

Min 54
Amarela para Djaló

O central do Lugo tivo que derrubar a Javi Guerra na frontal, porque quedaba só. Moi perigosa a acción. O Lugo segue sen resposta ao xogo do Raio e o gol rolda a portería galega.

Min 52
Centra Galán

Sen perigo a subida do lateral dereito tras a enésima xogada de Embarba por ese costado. Falta sobre Campillo que permite ao Lugo saír da cova. Moi pouco do mediapunta, nada de Joselu. Fede Vico aínda non a tocou desde que entrou tras o descanso.

Min 50
Sen reacción

O Lugo está lonxe da súa mellor versión e está a pasar un mal intre en Vallecas, sen balón nin contras para aliviar o dominio do Raio. O empate, o mellor do partido.

Min 48
Aperta o Raio

Sucédense as chegadas sobre a área de Roberto, con Ebert e Embarba como protagonistas. OUTRA VEZ EBERT! Xuta tras parede con Javi Guerra, pero os centrais do Lugo taponaron o seu intento dentro da área. Roza o gol o Raio Vallecano.

Min 47
Centra Iriome

Xoga o canario agora na dereita, con Fede Vico á esquerda. Centro sen perigo na súa primeira intervención. Kravets irrompe polo centro pero a súa parede con Joselu é unha perda e o Raio lánzase á contra polo seu costado. EBERT FOSE!! Embarba aproveita a ausencia de Kravets e plántase na área, o seu centro raso remátao fóra o alemán.

Min 46
EBERT FOSE!

Centro de Embarba coa zurda desde a dereita, Ebert cabecea fóra por moi pouco. Susto para o Lugo no arranque do segundo tempo. 11 tiros do Raio, un do Lugo no que levamos de partido.

Min 46
Renóvase o Raio-Lugo

Entra Fede Vico no Lugo por Damiá, que apenas interveu. O equipo de Luis César busca mellorar a súa imaxe do primeiro tempo.

Descanso
Dominio local

O Raio puxo máis velocidade en ataque e a presión sobre a saída de pelota do Lugo desconectou o xogo dos de Luis César. Sólo un chispazo de Campillo deu algo de aire ao ataque lucense. Joselu non a tocou. Roberto tivo máis traballo, pero tampouco moito.

Min 45
DESCANSO RAIO 0-LUGO 0

Remata a primeira parte sen goles. O Raio quixo e puxo máis, pero sólo tivo unha clara ocasión en botas de Embarba, ben repelida por Roberto. Pouco do Lugo en ataque, con problemas para elaborar xogo e fiar contras.

Min 43
Tírase Embarba

Outro centro á área de Roberto, e o extremo cae ante Kravets. ELlárbitro chámalle a atención por tirarse. Pero o Raio non cesa no seu asedio, con pouco perigo iso si.

Min 42
Despexa Caveira

Centro perfecto de Trashorras á área, o lateral do Lugo ten que despexar para que non remate Ebert. O Raio busca o gol antes do intervalo, o Lugo quedou sen saída. 

Min 41
Outro roubo do Raio

A presión do equipo de Míchel, liderada por Trashorras, está cortocircuitando o xogo do Lugo. Amarela para Caveira por interromper o saque de banda do Raio. O Lugo necesita o descanso para reorganizar as súas ideas. 

Min 39
Tramo final do primeiro tempo

Segue sen goles o Raio Vallecano-Lugo, con maior dominio do equipo local. Pouco do Lugo en ataque, a pesar do tiro de Campillo que rozou o pau dereito de Gazzaniga. Roberto evitou o gol de Embarba xusto na seguinte xogada. 

Min 37
Perigo Embarba

Tras virarse, atopouse con moito espazo e xutou con perigo, pero atopou o corpo de Djaló. Logo, puxo un novo centro desde a dereita que despexou Roberto. O extremo do Raio, do mellor do partido.

Min 36
O Lugo, sen saída

A presión do Raio afastou a Joselu da área rival e desactivado as saídas polas bandas e a través de Campillo. O Lugo non ten a pelota nos últimos minutos e o Raio xoga cada vez máis preto da área de Roberto.

Min 34
Córner para o Raio

Momentos de abafo, outro centro raso de Ebert contrólao Embarba na área, Djaló despexou a córner. Sen consecuencias o centro, Roberto atrapa o centro final de Ebert desde a esquerda.

Min 33
Duro Djaló

Chega tarde o central do Lugo nun salto con Embarba, e lévallo por diante. Duro choque, falta perigosa no lateral da área. Centra Ebert desde a dereita, despexa Carlos Hernández.

Min 32
Non chega Iriome!

Gran pase filtrado polo centro do ataque a cargo de Campillo, pero Iriome non acada o balón e o porteiro do Raio anticípase. 

Min 30
Córner para o Raio

Álex Moreno pona no segundo pau e ninguén avisa a Kravets de que está só. O córner, sen perigo. Sofre o lateral ucraíno nas últimas xogadas. 

Min 29
Forte presión do Raio

Quere saír xogando desde atrás o Lugo, proxectando aos laterais e con Pita incrustado entre os centrais, pero a presión do Raio en campo rival obrígalle ao pelotazo e a perder a posesión. Non atopa o seu xogo nin tampouco as contras o Lugo.

Min 28
Tres paradas de Roberto

A máis importante, a última. A mellor ocasión do partido é para o Raio Vallecano. Anímase o duelo en Vallecas. 

Min 27
SALVA ROBERTO!!

Centro de Ebert desde a esquerda, mal despexe de Kravets no punto de penalti, Embarba controla e volea, pero Roberto evita o gol cunha gran estirada. 

Min 26
XUTA CAMPILLO!

Excelente recuperación de Carlos Hernández no centro do campo, Campillo apóiase en Joselu, recorta na frontal e busca o tiro seco pegado ao pau. Sae lixeiramente desviado. Primeira chegada do Lugo. 

Min 24
Centra Iriome

Boa pelota profunda de Pita para o canario, que centra de zurda sobre liña de fondo. O centro é sinxelo para Gazzaniga, sen opcións de remate para Joselu.

Min 24
Xuta Ebert!

Agora si enganchou ben o alemán, en zona de tres cuartos, tras pase de Trashorras. O zurdazo sae por amais da portería de Roberto. Manda o Raio no partido, o Lugo non pasa excesivos apuros pero non crea perigo. 

Min 22
Tocado Ebert

O alemán do Raio Vallecano segue rengueante tras a entrada de Seoane. Lento en recuperarse, segue cojeando tres minutos despois. O Lugo durmiu un pouco o partido pero segue sen enganchar cos seus atacantes.

Min 20
Seoane ao corte

Aparece o compostelán para evitar o disparo de Ebert, que se doe do golpe. Moi atento o Lugo nas axudas defensivas. O Raio Vallecano non consegue plasmar a súa maior intención e o Lugo agarda á súa ocasión.

Min 19
Presiona Damia

Case mete nunha lea a Amaya pegado ao córner dereito do ataque do Lugo, que segue sen rematar á portería de Gazzaniga. Segue o 0-0 no Raio-Lugo. 

Min 17
Caño de Iriome

Gran acción do canario en banda esquerda, caño sobre o seu par para asistir a Campillo, e o centro raso do mediapunta despéxao Trashorras cando podía crear moito perigo na área do Raio. Ritmo no partido, pero por agora pouco nas áreas. 

Min 16
Despexa Campillo

Gran acción en defensa do 10 do Lugo tras unha nova perda do Lugo, esta vez de Kravets, e centro moi perigoso de Embarba que agardaba xa para rematar Ebert no punto de penalti.

Min 15
Quere baixar o ritmo o Lugo

Pita atrasa a pelota a Roberto e o Lugo queira baixar un pouco as revolucións do choque, porque o Raio está a presionar forte e correndo cos pases de Trashorras e a verticalidade de Embarba. Joselu aínda non puido intervir.

Min 14
Crece o Raio

A maior presión do Raio e a imprecisión do Lugo na saída e no pase en campo rival están inclinando o partido cara á portería de Roberto. Por agora, sen grandes ocasións.

Min 12
Mal Embarba!

Perda moi perigosa do Lugo en campo propio pero o disparo de Embarba é precipitado e sae moi desviado. Descoido do Lugo na creación, o Raio aperta sobre Seoane e Pita. 

Min 11
Outro disparo afastado

Javi Guerra inténtao desde máis aló da frontal, pero Roberto atrapa. Segundo tiro do Raio Vallecano, máis directo no seu xogo. 

Min 10
Outro mal centro

Chega en posición de xerar perigo Damiá, pero o centro é moi impreciso. O Lugo está a plantarse en boas situacións de xerar unha ocasión ante Gazzaniga, pero falta un último pase.

Min 9
Xuta Embarba!

Encara a Kravets de fóra cara a dentro, disparo raso pegado ao pau e Roberto reacciona parando con seguridade. Primeiro intento serio do partido. 

Min 8
Mal Caveira

Rompe o Lugo a orde do Raio cun bo pase cruzado de Campillo para Caveira, pero o centro do lateral en posición de perigo é curto e despexa a zaga vallecana.

Min 6
Recupera Carlos Hernández

Gáñalle a partida a Javi Guerra no centro do campo no primeiro duelo directo. O central debe de estar atento a un goleador con pedigrí en Segunda.

Min 4
Primeira subida de Caveira

O centro desde a esquerda de Irome buscaba a primeira incorporación do lateral dereito, pero cortou a zaga do Raio Vallecano. Primeiros escarceos do partido, polo momento sen perigo en ningunha de ls áreas.

Min 3
Por alto Roberto

Imponse o meta galego ao centro á área do Lugo que perseguía Embarba. Intenta saír o equipo de Luis César ante un inicio presionante do Raio Vallecano. Bo ambiente no estadio madrileño.

Min 1
Arrinca o Raio-Lugo!

Xoga de amarelo o equipo lucense. Primeiras posesións para o Raio en Vallecas. Santi Comesaña, o ex do Coruxo, liderando os primeiros ataques locais.

Previa
Territorio inexplorado para o Lugo

O CD Lugo ten preto a chave para coarse de novo entre os favoritos. Sería algo inédito a estas alturas de curso. Os branquivermellos nunca figuraron na zona nobre máis aló da xornada 26. Esa marca marcárona na tempada 2013-2014, con Quique Setién sentado aínda no banco. A vitoria en Vallecas deixaríalles ás portas da parte alta.

Previa
Once do Raio Vallecano

Raio Vallecano; Gazzaniga; Galán, Amaya, Pablo Íñiguez, Álex Moreno; Trashorras, Fran Beltrán; Santi Comesaña, Ebert, Embarba; Javi Guerra.

Previa
Once do Lugo

Xa se coñece a aliñación de Luis César en Vallecas. Kravets recuperouse e forma parte do once. Damiá aparece tamén no extremo destro. 

Lugo: Roberto; Jordi Caveira, Djalo, C. Hernández, Kravets; Seoane, Pita; Damiá, Campillo, Iriome; Joselu.

Previa
Loita polo balón

O Raio Vallecano-Lugo será unha pelexa cara a cara entre dúas dos equipos que mellor manexan a pelota en Segunda división. Cun estilo combinativo, similar ao do Lugo, o Raio «buscará crecer co balón». Advertíao Luis César esta mesma semana. Entorpecer aos de Míchel é básico para un aspirante aos postos altos e coroado como o rei do pase. 15.538 veces intercambiaron o balón os amurallados esta tempada. Moi por diante do seguinte equipo máis pasador no ránking de Segunda. O Valladolid ten a prata con 14.869 entregas. O Raio séguelles de lonxe, nunha sexta praza que case podería ser quinta pola igualdade co Elxe.

ALBERTO LÓPEZ

O Lugo quere manter abertas as súas posibilidades de rematar a Liga en sexta posición e entrar nos postos de play off de ascenso. Esas opcións pasan por non desaproveitar ningunha ocasión, e a da visita a Vallecas é unha delas. Un triunfo ante o Raio Vallecano daría prestixio por ser un rival con pedigrí de Primeira, e tamén deixarían aos de Luis César á espera dun patinazo do Cádiz para engancharse á última praza que permitiría acceder ás eliminatorias polo ascenso. Contaremos aquí, en directo e ao minuto, todas as incidencias do Raio Vallecano-Lugo.