Eu fun á ESO

YES

Internet

ESTA É A miña XERACIÓN... Para os que roldamos a trintena, o da EGB sóanos divertido, pero un pouco vintage. Nós non forrabamos os cartafoles cos Pecos. As nosas eran tan picantes como as Spice Girls.

13 may 2017 . Actualizado ás 05:20 h.

Internet

1. Tamagotchi

UNHA MASCOTA VIRTUAL

Este pequeñajo advertía das súas necesidades vitais (ducha, enfermidade ou fame) a través duns asubíos estridentes. Foi unha revolución.

Internet

2. Euros

VIVIMOS O CAMBIO

Deixar de pagar en pesetas para facelo en euros colleunos xusto cando empezabamos a manexar solto para comprar chuches, por exemplo.  

Internet

3. Nokia 3310

PRIMEIRO MÓBIL

A súa melodía (Nokia tune) e o xogo da serpe marcaron á primeira xeración que colleu o móbil axiña que. Agora volverá arrasar como artigo vintage.

Internet

4. Acabouse a cara B

DISCMAN, MP3

Descubrimos formatos novos: os cedés ou reprodutores onde non había que introducir contido como o MP3. Tamén experimentamos a mellora da calidade dos vídeos, grazas ao paso do VHS ao deuvedé.

Internet

5. Radical

BEBIDAS DE CORES

Máis aló da Fanta ou da Coca-Cola, os nenos da ESO bebiamos refrescos de cores radioactivas e con sabores diferentes aos que había ata ese momento, como kiwi ou froitas do bosque.

Internet

6. Spice Girls

DESATARON A TOLEMIA

O refrán pegadizo de «Wanna Be» fixo que todas quixésemos ser unha delas e que en cada cuadrilla houbese unha Gery, unha Victoria , unha Mel B, unha Mel C ou unha Emma. Cromos e fotos forraban os nosos cartafoles.

Internet

7. Moi trendy

CHOCKER E CARHARTT

Adiantamos a moda do chocker efecto tatoo e dos suadoiros de neopreno estilo canguro. Todos tiñamos unha Carhartt.

Internet

8. Hits da tele

COMPAÑEIROS E GRAND PRIX

Ningún preadolescente íase á cama sen ver a Quimi e compaña no colexio Azcona ou aos pobos máis emblemáticos de España loitando contra a vaquilla do «Grand Prix». 

Internet

9. Harry Potter

A ORIXE DUNHA SAGA

As aventuras de Harry, Ron e Hermione engancharon aos nenos da ESO, que fomos testemuñas do lanzamento do primeiro libro dunha saga que xa leva sete entregas e que tamén conquistou a gran pantalla. Non esquezamos que tamén somos a xeración Disney. Crecemos coas súas pelis.

Internet

10. Tazos e gogos

UNHA DIVERSIÓN NO PATIO

Todos xogabamos a lanzar os tazos, unha especie de pequenos discos de plástico, para quedar cos do adversario. Tamén loitabamos por intercambiarnos os gogos.