Elas marcan a tempada

YES

ASD

CINCO SERIES A Las QUE TES QUE ENGANCHARCHE XA Estreas absolutos, novas tempadas, despedidas ao grande e ata un spin off. O segundo trimestre chega cargado de series con mulleres (poderosas) á fronte.

04 mares 2017 . Actualizado ás 14:49 h.

Algunhas levan xa semanas en antena (Homeland, en Fox). Outras (Feud) chegarán o luns. Pero un bo puñado das mellores apostas de ficción televisiva desta tempada chegan cargadas de mulleres. Poderosas, rompedoras, convencionais, novas, maduras, famosas ou descoñecidas. Coma se todas escoitasen a mensaxe de Diane Lockharth (Christine Baranski) durante as sete tempadas de The Good Wife: facía falta máis espazo, máis poder, máis visibilidade para as mulleres no mundo da xustiza. E iso é o que conseguiu coa estrea de The Good Fight, o spin off da moi estrañada The Good Wife. E non, non está Alicia Florrick (Julianna Margulies). Pero si volveu Luca Quinn (Cuhs Jumbo), e incorpórase Rose Leslie (Xogo de Tronos, Downton Abbey) como unha nova avogada. En resumo, unha muller maior, unha negra e unha lesbiana. En plena era Trump (así arrinca a serie), a aposta está clara.

A ACTUALIDADE MANDA

Outras levan anos desafiando o discurso tradicional. E van facelo só unha vez máis: as mozas de Girls acaban de abrir a súa última tempada. Comandadas por Lena Dunham, Hanna, Marnie, Jessa e Soshanna maduraron nestes últimos cinco anos... aínda que madurar non sempre significa ir a mellor, e raro sería que Dunham, unha auténtica icona para miles de mulleres en todo o mundo, decidise edulcorar o final dos seus personaxes. En España, a última tempada emítese en Movistar e en HBO.

Que non sempre se vai a mellor, senón todo o contrario, sábeo moi ben a ex axente da CIA Carrie Mathison. En Homeland , á actriz Claire Danes golpeárona de todas as formas posibles. E a pesar diso, conseguiu reporse durante cinco tempadas. A sexta lévaa de volta a Estados Unidos, a un país no que unha muller se fixo coa presidencia (de novo, a actualidade política marca a axenda da ficción), e no que unha CIA permanentemente cuestionada quere a Carrie de volta. Ou iso di.

A cuarta serie pica alto, polo menos en repartición: Big Little Lies, outra produción de HBO, xuntou a Nicole Kidman, Reese Whiterspoon e Shailene Woodley nunha mini serie ambientada nunha zona privilexiada da costa americana. E hai misterio. E un crime. A enésima volta de porca a Mulleres Desesperadas? De momento, unha aposta persoal de Kidman e Whiterspoon, sempre á caza de papeis complexos para mulleres de máis de corenta anos.

FDS

A última é a única que está por chegar: o luns estréase en España Feud, un bombón para cinéfilos. Quen non querería saber que pasou na lendaria rodaxe de Que foi de Baby Jane? E se Susan Sarandon dá vida a Bette Davis e Jessica Lange a Joan Crawford, as expectativas non poden máis que subir.