Iago Falque eloxia a traxectoria celeste nos últimos anos

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO CIDADE

Nicolo Campo

O actual xogador do Torino falou da súa gran relación con Felipe Miñambres

18 jun 2017 . Actualizado ás 14:40 h.

Iago Falque eloxiou a traxectoria do Celta nas últimas tempadas. O xogador vigués do Torino comentou en declaracións á Televisión de Galicia que «o Celta é o equipo da miña cidade e sen dúbida que o sigo. Están facendo unhas tempadas incribles», pero deixando claro que o seu futuro está lonxe: «Teño moi vida moi feita fose», concretou sen dilación.

Falque tamén fixo unha alusión á súa relación co director deportivo do Celta . «Con Felipe (Miñambres) teño unha relación incrible. Sei que me ten moi aprecio e eu a el tamén».

Iago Falque é relacionado case todos os veráns co conxunto vigués, pero sen chegar a concretarse. Agora parece máis difícil que nunca tendo en conta a súa cotización tras unha gran campaña.