Capturan a dous nenos de 13 anos por atracar a punta de navalla a menores

E.V.Pita VIGO

VIGO CIDADE

O asalto foi na contorna da zona de copas do Areal e outros tres implicados seguen fuxidos

22 abr 2017 . Actualizado ás 10:55 h.

A Policía Local de Vigo identificou a dous nenos romaneses de 13 anos como supostos autores dun atraco a dous menores, aos que roubaron catro teléfonos móbiles e un reloxo. Os asaltantes actuaron cunha cuadrilla xuvenil e ían acompañados doutros tres adolescentes que non foron localizados. Un dos fuxidos é unha menor española que esgrimiu unha arma branca para obrigar ás vítimas a entregarlles os seus obxectos de valor.

O atraco a man armada foi ás 23.10 horas do venres no cruzamento das rúas Rosalía de Castro e Pontevedra, na contorna da zona de copas do Areal. As dúas vítimas, unha parella menor de idade, deu a descrición dos atracadores da banda xuvenil hispano-romanesa e unha patrulla da policía local localizou vinte minutos despois aos dous romaneses de 13 anos no cruzamento de Luis Taboada con Pablo Trasfogueiro. Foron identificados. Agora buscan á menor armada.