Piden 8 anos de carcel para un condutor ebrio que atropelou mortalmente a unha veciña de Candeán e fuxiu

E.V.Pita VIGO

VIGO

A fiscalía tamén pide multa para tres amigos que acompañaban ao condutor nunha furgoneta

28 abr 2017 . Actualizado ás 18:10 h.

Catro novos de Vigo serán xulgados por atropelar mortalmente a unha veciña de Candeán de 77 anos e darse á fuga sen auxiliala o 26 de abril do 2015. O xuízo celebrarase o martes día 2 na quinta sección da Audiencia de Pontevedra, con sede en Vigo, pero hai posibilidade de que os acusados cheguen a un acordo co fiscal. 

O condutor ía drogado con cannabis e bebido e enfróntase a un total de 8 anos de cárcere polos supostos delitos de homicidio imprudente por imprudencia grave e de omisión do deber de socorro. Os tres colegas que o acompañaban na furgoneta de repartición da empresa do principal acusado afrontan o pagamento dunha multa de 4.380 euros porque non pediron ao condutor que parase a socorrer á vítima.

A Fiscalía di que o impacto lanzou á vítima sete metros polo aire debido a unha velocidade inadecuada. A lúa llo seu coche rompeu polo golpe pero aínda así non se detivo. A policía atopou o furgón unhas horas despois nun barrio de Chapela, en Redondela, co condutor sentado no posto de piloto.