Envían a prisión ao hostaleiro vigués acusado de acosar sexualmente a quince menores

Invitábaos ao seu iate, paseábaos no seu deportivo, facíalles fotos espidos e creara un grupo de WhatsApp con todas as súas vítimas


Vigo

A Policía Nacional detivo a C. V. I., un hostaleiro vigués de 40 anos dono dunha céntrica pizzería por, supostamente, acosar sexualmente a 15 mozos. O implicado invitaba aos menores á súa vivenda ou á súa embarcación e suxeríalles ver películas con contido sexual ou espirse para poder facerlles fotografías. Entre as súas vítimas atópanse 15 adolescentes de entre 14 e 15 anos aos que captaba invitándolles a consumicións en cafeterías e locais de lecer. Chegou a crear un grupo de WhatsApp con todos os menores implicados onde lles enviaba imaxes pornográficas.

Os axentes detivérono polos presuntos delitos de abuso sexual, pornografía infantil, exhibicionismo e provocación, para os que a fiscala pide prisión. O detido estivo máis de hora e media declarando ante a xuíza e contando a súa versión exculpatoria dos feitos.

Ao finalizar a súa declaración enviáronlle a prisión condicional sen fianza, acusado de varios delitos contra a liberdade sexual. Ao longo da investigación haberá que concretar si houbo abusos e/ou exhibicionismo ou provocación ou corrupción.

Todo empezou hai dous meses cando chegou a oídos da policía que un adulto se relacionaba con menores e invitáballes a subir ao seu coche deportivo de altas prestacións. Se trababa dun home de 40 anos que posuía unha vivenda no centro de Vigo e rexentaba negocios de hostalería. Concertaba citas habitualmente en grupos pequenos. Quedaba con eles incluso nunha boleira e cando se gañou a súa confianza, invitáballes a bebidas ou incluso lles levaba a comer ao seu propio restaurante.

Tamén lles ofrecía paseos no seu coche deportivo ou no seu barco de luxo. Cando xa dispuña dun grupo amplo de mozos, o arrestado creou un grupo de WhatsApp específico onde estaban todos os menores implicados ao que enviaba imaxes de contido sexual. Ademais, ofrecíalles ver películas pornográficas no seu domicilio e consumir bebidas alcohólicas, para desinhibirlos e poder abusar sexualmente deles.

Dispuña dunha embarcación (bautizada co nome de Ipanema) onde os invitaba a ir e unha vez alí, suxeríalles ir espidos e facerlles fotografías. Nos rexistros, a policía achou fotografías dos menores que aínda están a ser analizadas.

Votación
16 votos
Etiquetas
Abusos sexuais Pornografía infantil Vigo cidade
Comentarios