Sete intoxicados nun incendio no parque municipal de Lavadores

E.V.Pita VIGO

VIGO

Óscar Vázquez

Dous dos ocupantes estaban atrapados nun baño mentres inhalaban fume

21 abr 2017 . Actualizado ás 18:06 h.

Sete persoas resultaron intoxicadas ás 13.00 horas pola inhalación de fume por mor dun incendio que se produciu no parque municipal de Lavadores, en Vigo, segundo informou o 112. Dous dos afectados foron hospitalizados, mentres que tres adultos, unha nena de tres anos e un bombeiro foron atendidos no lugar dos feitos.

O Concello de Vigo informou de que o lume comezou ás 13.10 horas tras incendiarse o autobús eléctrico do Casco Vello estacionado o o Parque Central de Lavadores. Un bombeiro municipal deu a voz de alarma e iniciou os labores de extinción do lume, quedando este totalmente apagado pouco despois. Todo apunta a que a causa do incendio foi a explosio?n das bateri?as do autobús eléctrico son ocasionar feridos. O Concello sinala que resultaron afectadas pola inhalación de fume cinco persoas, incluído o bombeiro que estaba alí así como catro traballadores municipais. Deles, tanto o bombeiro como dous empregados foron atendidos no Parque Central sen precisar máis atención médica e outros dous traballadores foron trasladados ao centro hospitalario de Povisa.