Unha familia con dous nenos queda mañá na rúa en Vigo por falta de pagamento do alugueiro

VIGO

M. Moralejo

Xunta e Valedora do Pobo intentan con urxencia paralizar o desafiuzamento

18 ene 2017 . Actualizado ás 18:46 h.

A Federacion Veciñal de Vigo deu a coñecer hoxe o lanzamento previsto para as nove horas de mañá dunha familia con dúas nenas de 4 e 5 anos. O motivo é a falta de pagamento do alugueiro xa que o pai non traballa. A situación da familia é dramática pois a nai padece unha hernia abdominal que lle provocou unha obesidade mórbida (pesa 150 quilos) e está pendente dunha intervención cirúrxica.

M.Moralejo

A presidenta da Federación Veciñal fixo unha chamada ao Concello para que se implique e evite o desaolojo. Tamén está en contacto con Xunta e Valedora do Pobo, que xestionan no xulgado un adiamento do lanzamento.