PSA descarta revisar os salarios no novo convenio colectivo

Jorge Bravo VIGO

VIGO

M. MORALEJO

A empresa presenta un calendario de reunións coa que agarda asinar o documento o luns 23 de novembro

10 novs 2015 . Actualizado ás 17:40 h.

Esta mañá reuníronse por primeira vez a dirección de PSA Peugeot-Citroën en Vigo xunto aos sindicatos para negociar o novo convenio colectivo, tras denunciar o mesmo o día 17 de outubro. A compaña situouse hoxe en contra de revisar os Acordo de Medidas de Competitividade 2015-2019 que asinaron en novembro do ano pasado xunto ao sindicato maioritario, o SIT.

Estes puntos están considerados como os máis relevantes a negociar por parte dos sindicatos minoritarios, pois entre eles está a reforma das categorías profesionais que modificou a retribución dos operarios e a anulación de complementos como o de antigüidade.

A compaña expuxo unha valoración do convenio 2012-2015 para a continuación presentar o seu plan industrial que contempla a edificación da Nave H e a instalación de máis provedores en Balaídos. CC.OO e UGT aproveitaron a sesión para solicitar un paga en función dos beneficios que complemente a perda de poder adquisitivo.