Debe o Deportivo vender a Insua?

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

Insua, cedido por el Dépor, pelea con Neymar
Insua, cedido polo Dépor, pelexa con Neymar PEDRO ARMESTRE | AFP

Deixar saír ao canteirán para aliviar as contas, un debate para a secretaría técnica

20 jul 2017 . Actualizado ás 17:16 h.

Vender a un xogador novo e con proxección nun momento delicado no económico para o Deportivo sempre é un dilema. Pero se ademais ese xogador é un home saído da canteira o dilema convértese en asunto de Estado. O Schalke puxa por Pablo Insua e o Deportivo, apurado polas contas, atópase ante unha decisión importante.

O de Arzúa adquiriu experiencia na primeira división a tempada pasada en Butarque e aínda que, a priori, parece que Rober pode suplir a súa ausencia as moitas incógnitas sobre o futuro de Sidnei como branquiazul abren novas frontes a analizar.

E a pregunta é, debe deixar o Dépor escapase ao que durante anos foi o orgullo da súa canteira?