Gaizka Garitano dirixirá ao filial do Athletic de Bilbao

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

Marcos Míguez

O extécnico herculino substituirá ao Cuco Ziganda como máximo responsable do Bilbao Athletic

08 jun 2017 . Actualizado ás 19:22 h.

O Athletic fixo oficial que o exentrenador do Deportivo Gaizka Garitano será o novo técnico do filial do Athletic Club en Segunda División B. 

O acordo era total desde hai días e soamente faltaba por concretar o equipo de axudantes que acompañará ao extécnico de Deportivo e Eibar nesta aventura no filial do club biscaíño.

Gaizka Garitano substituirá no cargo ao Cuco Ziganda, que toma as rendas do primeiro equipo tras a saída de Ernesto Valvede ao FC Barcelona. Garitano regresa así a unha canteira na que creceu como xogador e nunhas declaracións recentes a Radio Popular mostrábase ilusionado coa oportunidade de traballar na canteral do Athletic: «Adestrei en Terceira e en Segunda e sempre hai que elixir a mellor opción, se é en casa, mellor que andar coa maleta dun sitio a outro», resaltaba o técnico.

Será a cuarta etapa de Gaizka Garitano na elite tras pasar polo Eibar, o Valladolid e o Deportivo. Cos herculinos foi destituído a finais de febreiro tras unha dura derrota en Butarque ante o Leganés (4-0).