Andone: «O Madrid pasounos por amais »

La Voz REDACCIÓN

TORRE DE MARATHÓN

César Quian

O dianteiro romanés, moi decepcionado: «Pensei que podiamos gañarlles, pero superáronnos de principio a fin»

27 abr 2017 . Actualizado ás 00:32 h.

Florin Andone estaba visiblemente decepcionado co sucedido en Riazor cando atendeu aos micrófonos de Movistar. O delanero romanés marcou un gol e deu unha asistencia no 2-6 ante o Real Madrid, pero non foi consolo polo visto. 

«Agardaba ter un pouco máis de sorte, pero foi distinto ao día do Barcelona. Pensaba persoalmente que podiamos gañar, pero superáronnos de principio a fin, o Madrid pasounos por amais », dixo apocado o goleador do Dépor. «Osasuna é da nosa liga, temos que gañar os tres puntos», urxiu Andone.

Para o punta branquiazul, a clave foi o 1-3, pero tampouco demasiado: «Ese gol sácanos do partido, porque con 1-2 estabamos a dominar e tivemos boas ocasións. Pero eles chegaron moito, se perdoas págalo. Foi unha pequena clave porque visto o visto, foron moi superiores».