A frustración de Álex Bergantiños

La Voz REDACCIÓN

TORRE DE MARATHÓN

LOF

O capitán lamenta «non poder corresponder co esforzo do deportivismo»

23 abr 2017 . Actualizado ás 18:57 h.

Álex Bergantiños mostrouse decepcionado polo rendemento do Deportivo en Anoeta (1-0) e a imaxe dada polo equipo coruñés. «Estamos frustrados, foi un partido no que sofremos moito, non fomos capaces de saír para facerlles dano. Eles xogan ben, abren moito o campo, e cada vez que recuperabamos estabamos afogados e non tiñamos saída fácil, e perdiamos o balón», analizou o capitán deportivista.

Bergantiños recoñeceu que aínda que «na segunda parte ou equipo cambiou, polo menos cun par de chegadas ao final», a imaxe do Deportivo non é boa lonxe de Riazor: «Necesitamos mellorar para competir contra estes rivais e mellorar a imaxe fora da casa. Tiñamos a idea de non encaixar como en Sevilla ou Valencia, pero por sacar algo positivo, estivemos no partido ata o final». A frustración esténdese pola pena da afección do Dépor, que tamén estivo presente en Anoeta. «O deportivismo é un exemplo de fidelidade, agradecemos o esforzo que fan, queriamos darlle máis alegrías, o equipo se esforza pero estamos decepcionados por non poder corresponder ao esforzo da afección», abundou o coruñés.

Bergantiños avisou de que a permanencia «non está conseguida». «Quédannos puntos por sumar. Ante a Real era unha boa oportunidade, pero agora terémolo complicadísimo ante o Madrid, a ver se recuperamos a intensidade que mostramos ante o Barcelona. Os de abaixo van sumar», advertiu.

Álex desvelou que no descanso, Peep Mel pdió «un pouco máis de confianza coa pelota», abnte o «hándicap» que tiña o Dépor de «perdela rápido tras recuperar». «Despois do Barcelona, a Real Sociedad é o equipo que mellor manexa a posesión e os espazos na Liga», valorou. Bergantiños agarda que a imaxe do Dépor mellore ante o Madrid, e repita as boas actuacións doutras citas en Riazor: «Contra Sevilla, Barça e Atlético fixemos bos partidos, a ver se podemos sumar ante o Madrid e darlle un bo partido á afección».