Sinalizar e protexerse ante un accidente na estrada, as claves que hoxe ofrece «Luz Verde»

José Manuel Pan
josé manuel pan REDACCIÓN / LA VOZ

TELEVISIÓN

Ás 20.30 horas, na Televisión de Galicia

24 jun 2017 . Actualizado ás 17:10 h.

Sinalizar e protexerse. Son as principais recomendacións para quen sofre un accidente ou unha avaría na estrada. De como actuar en caso dunha incidencia dese tipo ao volante falarase hoxe en Luz Verde, o programa de seguridade viaria producido por Voz Audiovisual e que emite a Televisión de Galicia ás 20.30 horas.

 No episodio de hoxe, os gardas civís que protagonizan o programa e que contan as súas experiencias na estrada advertirán da necesidade de ter claras unha serie de medidas ante unha inmovilización na estrada.

Deterse sen crear novos perigos; inmobilizar o vehículo de forma adecuada e pórse o chaleco reflector antes de baixar do coche; facer unha sinalización correcta cos triángulos de perigo, e acender os intermitentes de urxencia e as luces de posición.

O paso seguinte é alertar ao 112, que coordinará os servizos de urxencia necesarios. Seguir eses consellos pode ser clave para salvar vidas.