Outro asasinato en «Serramoura»

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

TELEVISIÓN

-

O cadáver de Nicolás Vilaverde, propietario do picadero, pon en albas ao pobo

21 may 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Os espectadores de Serramoura están acostumados a estas alturas aos sobresaltos e ata a que os mortos resuciten, e se non que llo digan á sarxento Neira. Nada neste pobo é o que parece e en calquera momento xorde un novo caso que pon en acción a todos os membros do cuartel da Garda Civil, sempre en alerta.

No capítulo desta noite, que Televisión de Galicia emite ás 22.20 horas, todos os membros do equipo terán que traballar a pleno rendemento. Dolores Rivas recuperou o seu posto de tenente grazas á confesión de Santos; e Marga Neira e Diego Bazán parece que por fin foron capaces de aparcar as súas diferenzas para continuar traballando xuntos polo ben de todos os seus veciños.

Pero non será todo tan doado, porque antes de que se dean conta outro golpe sacudirá ao pobo, feito xa a grandes sorpresas. Esta vez Marga e Diego terán que enfrontarse a un caso difícil de resolver, aínda que contan cunha boa pista: a aparición dun cadáver. Trátase do corpo de Nicolás Vilaverde, o propietario do picadero de Serramoura , que foi atopado colgado dentro das instalacións ecuestres.

En principio, todo apuntaba a un suicidio, pero pronto Marga e Diego sospeitarán de que se trata, como non, dun novo asasinato que alterará tamén aos serramourers, os fieis seguidores da ficción de Voz Audiovisual, á que se incorpora a actriz TamaraCanosa , que interpreta a Antía, unha avogada.

Quen podería ter matado a Vilaverde? Quen serían capaces de manipular o corpo para que parecese un suicidio? A esas e outras cuestións terán que responder os sarxentos Neira e Bazán, que xamais dan un caso por perdido.

Román contra o seu pai

Mentres tanto, Román continúa co seu particular cruzada contra o seu pai. Agora, o pequeno dos Fiuza pretende tallar a carballeira que, desde sempre, simbolizou o poder do seu proxenitor na vila. Ademais, Elena, a filla dun antigo amigo de Evaristo, xuroulle vinganza. Ela non é capaz de perdoarlle a traizón que lle fixo ao seu pai, pola iso aínda que Evaristo intentou acougar a situación apelando a que se trataba só negocios, Elena non se renderá e será capaz de manipular ao seu propio fillo, Román, para facerlle dano. Xa llo dixo nunha ocasión: «Voucho a quitar todo».

Pola súa banda, dona Teresa Soutelo recapacitou sobre as súas últimas accións e móstrase disposta a reabrir o serradoiro e retomar a actividade, pero necesita axuda e terán que deixar ao carón o seu orgullo para pedila. Iso si, está nun plan irrecoñecible, desatada, parece que todo lle é indiferente e nesa actitude sorprendente terá non só un cambio de imaxe senón mesmo reaccións inesperadas cara a algunhas persoas.

Pero non todo son malas noticias. Contra todo prognóstico, Rivas e Santos retomaron a súa relación e parece que o seu é agora imparable.

Os fans da ficción terán tamén unha nova entrega, ás 22.00, de Crónicas de Serramoura, un especial para gozar de todas as reviravoltas da serie, contados polos seus protagonistas.