O que non che podes perder esta semana no Facebook de La Voz

A 2 Bandas: o negocio das vivendas para turistas.  ¿Poderán todas as vivendas turísticas cumprir coa nova lei?

Hoxe na 2 Bandas: o negocio das vivendas para turistas ¿Poderán todas as vivendas turísticas cumprir coa nova lei? Máis de 30.000 inmobles en Galicia alúganse a visitantes por días, semanas ou tempadas. Desde o próximo 10 de maio deberán rexistrarse, pagar unha taxa e cumprir unhas condicións

Máis de 30.000 inmobles en Galicia alúganse a visitantes por días, semanas ou tempadas. Desde o próximo 10 de maio deberán rexistrarse, pagar unha taxa e cumprir unhas condicións. As multas por non facelo chegarán ata os 9.000 euros. Algunhas asociacións de vivendas turísticas consideran que a nova normativa é demasiado estrita por esixir unha licenza de ocupación e permitir o veto de comunidades veciñais ou concellos. A Xunta decidiu regular o sector pero deixa fóra da norma aos propietarios que alugan cuartos na vivenda na que están a residir. Unha fórmula que explotan compañías como Airbnb e que ten xa miles de adeptos en Galicia. Debatemos sobre a nova normativa coa xefa territorial de Turismo de Galicia en Lugo, Paloma Vázquez e a presidenta da Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia, Dulcinea Aguín. Este xoves, na 2 Bandas, a partir das 19:00 horas no Facebook Live de La Voz de Galicia e das 22:00 horas en V Televisión

Votacin
2 votos
Comentarios