Imaxina distribuirá a versión internacional de «Urxencia cero» como «The Waiting List»

Levará por título «The Waiting List» e o subtítulo «Transplant Unit», e será presentada no mercado internacional de Cannes (MIPTV), do 4 ao 7 de abril

.

Redacción

A distribuidora Imaxina International Sales chegou a un acordo con TVG e Voz Audiovisual para a distribución internacional da serie Urxencia cero, que se emite actualmente os domingos ás 22 horas.

A versión para o estranxeiro desta serie galega -primeira que se centra nun hospital especializado en transplantes- levará por título The Waiting List e o subtítulo Transplant Unit, e será presentada no mercado internacional de Cannes (MIPTV), do 4 ao 7 de abril.

Urxencia cero presentarase na súa versión internacional de 55 minutos de duración por episodio e unha primeira tempada composta por 15 capítulos.

Imaxina International Sales distribúe producións españolas como Cara a cara (Locked Up), Ancorados (Anchors Awaigh), B&B, Aguila vermella (The Rede Eagle), O internado (The Boarding School) Os homes de Paco (Paco?s Men), Aída ou a tamén galega Serramoura (Black Forest).

Votación
0 votos
Comentarios