«Amigos ata a morte» despídese dos escenarios

La Voz

A Coruña

. David Mosquera

29 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • 20.00 e 22.30 horas • Teatro Colón • Entradas entre 12 e 20 euros • A comedia de maior éxito dos últimos tempos nos teatros galegos, Amigos ata a morte, chega ao final do seu camiño tras levar desde o 2015 (seis anos despois da súa estrea en Madrid) de escenario en escenario. Boa parte do éxito da obra de Javier Veiga radica na química que o trío protagonista mostra sobre as táboas. Xosé Antonio Touriñán, Ledicia Soa e David Amor son tres amigos que non teñen demasiado claro onde remata a amizade e onde comeza o amor. Con estas vimbias fórxase unha guerra, amigable, iso si, que arrincou gargalladas alá por onde pasou ata converterse nun fenómeno que deixará un baleiro importante nos teatros galegos.