Teatro na rúa

La Voz

AROUSA

MARTINA MISER

Os alumnos do Piñeiriño actuaron na praza de Galicia

28 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Alumnos de segundo de primaria do colexio O Piñeiriño foron actores por un día. Onte, abandonaron as aulas para trasladarse á praza de Galicia, onde interpretaron dúas obras teatrais: «A perruca de Rapunzel» e «Brancaneves e os sete xigantóns», gañándose o recoñecemento e os aplausos dos viandantes.